Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38238

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 77/2020).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 77/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jenny Alejandra Cabrera Gallego contra Cervecom Cervecería Santiago, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Elena Pereira Bernárdez.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en situación de insolvencia total, por importe de 9.754,81 euros en concepto de principal (7.511,32 euros en concepto de salarios, 2.043,49 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da cantidade anterior, e 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 975,48 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza