Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38240

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (147/2019).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 147/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos García Freita contra a empresa Innovis Farma, S.L., Innovis Laboratorios, S.L., Novocat Farma, S.A. e Adriana Leonor Rizzo Tamaro, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva

Acordo:

– Considerar desistido a Carlos García Freita da súa demanda de execución fronte a Innovis Farma, S.L., Innovis Laboratorios, S.L., Novocat Farma, S.A. e Adriana Leonor Rizzo Tamaro e, unha vez que sexa firme esta resolución, que se arquiven os autos.

– Alzar o embargo dos bens relacionados no antecedente de feito segundo desta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Poderase interpoñer recurso directo de revisión, ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida ao xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros na conta nº 1596, clave 64 N, do Banesto, e indicar, no campo Concepto, Recurso seguido do código 31 Social-revisión. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación Recurso seguida do código 31 Social-revisión. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Para que sirva de notificación en legal forma a Innovis Farma, S.L. e Innovis Laboratorios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza