Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37329

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 271/2020-MJC).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 271/2020-MJC

Xulgado de orixe/autos: PO procedemento ordinario 754/2018 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Pedro Raimúndez Domínguez

Avogada: María del Carmen Blanco Pérez

Recorridos: Fogasa, Grupo Empresarial CYL, S.L.U.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 271/2020 desta sala, seguido por instancia de Pedro Raimúndez Domínguez contra Fogasa e Grupo Empresarial CYL, S.L.U. sobre reclamación cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola letrada María del Carmen Blanco Pérez, en nome e representación de Pedro Raimúndez Domínguez, contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 22 de abril de 2019, en autos nº 754/2018, que revogamos no senso de fixar a cantidade obxecto de condena en catro mil cento sesenta e oito euros con sesenta e dous céntimos (4.168,62 €), e confirmámola nos seus demais pronunciamentos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Grupo Empresarial CYL, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza