Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37327

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de dous postos vacantes de xefe/a de persoal de xestión e servizos.

Mediante a Resolución do 4 de febreiro de 2020 (DOG núm. 30, do 13 de febreiro) convocáronse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, dous postos vacantes de xefe/a de persoal de xestión e servizos.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da comisión de avaliación a que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos alegados polos aspirantes, que constan nas actas da dita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia; polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos vacantes de xefe/a de persoal de xestión e servizos, anunciados mediante a Resolución do 4 de febreiro de 2020 (DOG núm. 30, do 13 de febreiro).

Segundo. Nomear, nos postos que se indican, as persoas que se citan no anexo desta resolución.

Terceiro. Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da Área Sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 15 de setembro de 2020

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: condutor de instalacións.

Nome e apelidos: David Pérez Taboada.

DNI (*): ***6284**.

Posto: condutor de instalacións.

Nome e apelidos: Andrés Soto Sánchez.

DNI (*): ***8027**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.