Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 47/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 47/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Ramón Padín Varela, Luis Pérez Baloira e José Ángel Míguez Leiro contra a empresa Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado:

Auto de data 8.7.2020, recorrible en reposición no prazo de tres días contados desde a súa notificación.

Decreto de data 9.7.2020 e dilixencias de ordenación de data 8.7.2020 e 24.8.2020, todas elas recorribles en revisión no prazo de tres días contados desde a súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 4 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza