Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36227

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO (209/2018).

Ivanka Ferreiro Crespo, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 de Cambados, polo presente, anuncio que no procedemento ordinario nº 209/2018, ditouse a Sentenza 48/2020, do 1 de xullo, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido.

Estimando a demanda interposta por César Fariña Diz e María del Carmen López Fontecoba, representados polo procurador Fernando Guillán Pedreira contra Great Time, S.L., en situación legal de rebeldía procesual; declárase:

– A nulidade da cláusula de submisión aos xulgados de Vigo contida no pacto duodécimo do contrato do 23 de marzo de 2002 por ser contraria a dereito, correspondendo exclusivamente a competencia territorial para coñecer deste asunto a este órgano xudicial.

– A nulidade de pleno dereito do contrato de data 23 de marzo de 2002 cos efectos inherentes da devandita declaración de nulidade de devolución de cantidades procedentes.

Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Great Time, S.L., esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Cambados, 21 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza