Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36228

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (433/2019).

Eu, Rebeca Tardáguila Rodríguez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Laura Borrajo Díaz fronte a David Fernández Rodríguez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión é do teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 68/2020.

En Ponteareas, vinte e dous de xullo de dous mil vinte.

Vistos por min, Juan Laborda Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal sobre garda, custodia e alimentos seguidos co número 433/2020, por instancia de Laura Borrajo Díaz, representada pola procuradora Sra. Juliani Ortiz e asistida da letrada Sra. Iglesias Fernández, fronte a David Fernández Rodríguez, en situación de rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva:

Que debo estimar e admito integramente a demanda interposta por instancia de Laura Borrajo Díaz contra David Fernández Rodríguez e en consecuencia dispoño as seguintes medidas sobre a filla menor Nahir Fernández Borrajo.

1. A patria potestade exercerase conxuntamente por ambos os dous proxenitores, atribuíndose a garda e custodia á nai Laura Borrajo Díaz.

2. David Fernández Rodríguez poderá estar en compañía da súa filla, como mínimo e en defecto de acordo entre as partes, fins de semana alternos desde o venres ás 20.00 horas ata o domingo a esa hora.

Respecto das vacacións de Nadal e Semana Santa, dividiranse pola metade, segundo o calendario escolar, elixindo en caso de desacordo o pai os anos pares e a nai os impares.

Respecto das de verán, dividiranse por quincenas, os meses de xullo e agosto, elixindo en caso de desacordo o pai os anos pares e a nai os impares.

En todos os casos, salvo acordo, as entregas e recollidas faranse no domicilio materno.

3. David Fernández Rodríguez deberá aboar en concepto de pensión de alimentos para a súa filla menor e ata que alcance a independencia económica, a cantidade de 200 euros, por meses anticipados, na conta que designe Laura Borrajo Díaz, entre os días 1 a 5 de cada mes, desde a data de interposición da demanda, coa parte proporcional do mes correspondente, sen prexuízo das cantidades que puidese aboar por este concepto. A devandita cantidade actualizarase anualmente conforme o IPC vixente no momento da actualización e a data do 1 de xaneiro de cada ano.

Sen prexuízo dos acordos aos que poidan chegar as partes, os gastos extraordinarios aboaranse por metade por ambos os dous proxenitores, debendo aboar o pai a cantidade correspondente na conta salientada. Os gastos extraordinarios deben ser consensuados por ambos os dous proxenitores, previamente á súa realización, ou no seu defecto, solicitarse autorización xudicial. Serán gastos extraordinarios os gastos sanitarios non cubertos pola Seguridade Social (e entre eles os de ortodoncia e oftalmoloxía), as actividades de reforzo e/ou extraescolares, os campamentos de verán, as saídas ao estranxeiro e todos os universitarios (inclusive os de desprazamento e residencia), debendo ter estes gastos extraordinarios carácter consensuado ou, no seu defecto, solicitarse autorización xudicial. Para todos os efectos consideraranse como gastos extraordinarios consensuados e aceptados todos os que o menor tivese no tempo da ruptura da convivencia conxugal.

Sen pronunciamento en canto ás custas.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que, non é firme e que contra esta poden interpoñer recurso de apelación neste xulgado para o seu coñecemento pola Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte días, contado desde o seguinte ao da notificación, logo de depósito da caución establecida na DA 15ª da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, da que se estenderá certificación nos presentes autos, pronúncioo, mándoo e asínoo, do que eu a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Dilixencia. Na mesma data, eu a letrada da Administración de xustiza dou fe da súa publicación.

E encontrándose o devandito demandado, David Fernández Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ponteareas, 22 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza