Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36225

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (756/2017).

Eu, Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento se pronunciou sentenza con data do 10 de outubro de 2019, que no seu encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Sentenza número 195/2019.

Vigo, 10 de outubro de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que, co número 756/2017, se seguen por instancia de Bankinter Consumer Finance EFC, S.A., representada polo procurador José Portela Leirós e asistida do letrado José Luis Bollaín Covarrubias, contra Rafael Javier Martínez Olmo, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto pretensión de reclamación de cantidade baseada nun contrato de préstamo.

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda interposta por Bankinter Consumer Finance EFC, S.A. contra Rafael Javier Martínez Olmo, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Declarando a nulidade, por abusiva, da condición xeral 22 do contrato formalizado o 17 de xaneiro de 2005 entre Bankinter, S.A. e o demandado, en canto permite facer aplicación de comisión por reclamación de recibos non pagados por importe de 12,02 euros, e condeno a Rafael Javier Martínez Olmo a aboarlle a Bankinter Consumer Finance EFC, S.A. a cantidade de 4.213,27 euros.

2º. Non procede facer especial pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte (20) días.

Así o acordo, mando e asino».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil, polo presente notifícase a Rafael Javier Martínez Olmo, baixo os apercibimentos contidos na dita resolución.

Vigo, 14 de outubro de 2019

O letrado da Administración de xustiza