Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de agosto de 2020 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 31/2020, no expediente de reposición da legalidade 107B 2004/15-0.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, en relación co procedemento ordinario 31/2020, interposto por Noantia, S.L. contra a desestimación por silencio da nulidade interposta mediante escrito do 5.7.2019 fronte á resolución da Dirección Xeral de Urbanismo no expediente de reposición da legalidade 107B 2004/15-0, en que se declaraban ilegalizables as obras consistentes en movementos de terra, apertura de vía de acceso, instalación dun depósito de GLP e construción de tres vivendas unifamiliares en Fontemaior, concello de Culleredo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Martín Vázquez Rey para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2020

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG núm. 59, do 27 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística