Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Egipto III e Sodi I.

Vistos os expedientes instruídos a efectos de transmisión das concesións administrativas e das bateas Egipto III e Sodi I, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 19 de xuño de 2020, José Torrado Silva solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Egipto III e Sodi I.

Segundo. Os informes da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior resolvo:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Roberto Torrado Sánchez (***3796**), das concesións administrativas e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Egipto III.

Localización:

Cuadrícula nº: 105.

Polígono: D.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Torrado Silva (***2892**), Bernardo Torrado Silva (***5483**) e José Antonio Pazos Torrado (***3119**).

Novos titulares: Roberto Torrado Sánchez (***3796**), Bernardo Torrado Silva (***5483**) e José Antonio Pazos Torrado (***3119**).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sodi I.

Localización:

Cuadrícula nº: 20.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Torrado Silva (***2892**), Bernardo Torrado Silva (***5483**) e José Antonio Pazos Torrado (***3119**).

Novos titulares: Roberto Torrado Sánchez (***3796**), Bernardo Torrado Silva (***5483**) e José Antonio Pazos Torrado (***3119**).

Os novos titulares das concesións, quedan subrogados nos dereitos y obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous (2) meses de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 14 de agosto de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións (Resolución do 6.11.2019)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños