Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2020 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Data da resolución: 7.10.2019.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-36-00-C-2.

Obxecto da concesión: outorgamento da ampliación de prazo extraordinario da concesión para a construción de estación depuradora e centro de expedición de moluscos.

Porto: Tragove.

Concesionario: Depuradora de Moluscos La Sirena, S.L.

Prazo da concesión: ata o 25.11.2042.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 30.596,90 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será do 1 % do importe anual neto da cifra anual de negocio da actividade desenvolvida na depuración de moluscos e o 1,5 % do importe anual neto da cifra anual de negocio da actividade desenvolvida na transformación e manipulación da pesca.

Superficie concedida no título concesional: 9.046,5 m².

Data da resolución: 14.11.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-15-99-C-1.

Obxecto da concesión: explotación e xestión do servizo de lonxa.

Porto: Campelo.

Concesionario: Lonxa de Campelo, A.I.E.

Prazo da concesión: ata o 5.2.2024.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.194,03 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa; serán de aplicación os máximos establecidos na Lei 6/2003. Para estes efectos, a cifra neta de negocio considérase a resultante de aplicar ao importe do volume total anual de vendas efectuadas na lonxa a porcentaxe autorizada na concesión correspondente en concepto de tarifa que cobrará o adxudicatario do servizo pola prestación deste, que neste caso é do 8 % das vendas de moluscos bivalvos e do 5 % das vendas da pesca.

Superficie concedida no título concesional: 691,52 m².

Data da resolución: 18.11.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-17-99-C-1.

Obxecto da concesión: explotación e xestión de lonxa.

Porto: Bueu.

Concesionario: Confraría de pescadores San Martiño de Bueu

Prazo da concesión: ata o 14.6.2024.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 2.860,14 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa; serán de aplicación os máximos establecidos na Lei 6/2003.

Superficie concedida no título concesional: 1.978 m².

Data da resolución: 19.11.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-04-02-C-2.

Obxecto da concesión: construción dun edificio para sede social e oficinas da asociación de mexilloeiros.

Porto: A Illa de Arousa (O Xufre).

Concesionario: Asociación Mejilloneros San Esteban.

Prazo da concesión: ata o 13.5.2025.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 725,86 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1,5 % do importe neto da cifra anual de negocios de todas as actividades portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 296,48 m².

Data da resolución: 27.11.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-25-14-C-1.

Obxecto da concesión: explotación e xestión da lonxa.

Porto: Cesantes.

Concesionario: Confraría de Pescadores de San Juan Cesantes.

Prazo da concesión: ata o 24.2.2022.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 2.169,16 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

Superficie concedida no título concesional: 482,35 m².

Data da resolución: 16.12.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-55-06-C-1.

Obxecto da concesión: legalización da construción de edificio destinado a club de remo.

Porto: Rianxo.

Concesionario: Club de Remo Rianxo.

Prazo da concesión: ata o 10.1.2022.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.459,56 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 483,3 m².

Data da resolución: 16.12.2019.

Tipo de trámite: transmisión de titularidade (inter vivos) de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-22-13-C-1.

Obxecto da concesión: explotación dun varadoiro e zona de reparación de embarcacións.

Porto: Meira.

Concesionario: Pinturas Marinas Vigo, S.L.

Prazo da concesión: ata o 24.1.2039.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 7.614,05 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 3.638 m².

Data da resolución: 19.12.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-48-04-C-2.

Obxecto da concesión: construción dunha nave para empacar o peixe fresco para a súa exportación.

Porto: Ribeira.

Concesionario: Frigoríficos de Riveira, S.A.

Prazo da concesión: ata o 27.7.2027.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 3.027,54 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 778 m².

Data da resolución: 23.1.2020.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-48-18-C-2.

Obxecto da concesión: ocupación de nave con destino a taller de reparación, mantemento de barcos e motores mariños.

Porto: Ribeira.

Concesionario: Miguel Piñeiro Pérez.

Prazo da concesión: ata o 23.1.2050.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.435 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 368 m².

Data da resolución: 18.2.2020.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-54-11-C-1.

Obxecto da concesión: regularización e unificación dos títulos concesionais destinados a industria conserveira e actividades complementarias.

Porto: Bodión.

Concesionario: Jealsa Rianxeira, S.A.

Prazo da concesión: ata o 3.6.2042.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 22.888,22 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1,5 % do volume de negocio xerado no ámbito da concesión, cunha cota máxima anual de 63.124,37 €.

Superficie concedida no título concesional: 16.460,20 m².

Data da resolución: 24.2.2020.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-09-17-C-1.

Obxecto da concesión: nave para construción e reparación de embarcacións e venda de efectos navais.

Porto: Meloxo.

Concesionario: Grostar Marine, S.L.

Prazo da concesión: ata o 27.2.2040.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 2.653,56 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual pola actividade de construción e reparación de embarcacións e o 1,5 % do importe neto da cifra de negocio anual pola actividade de venda de efectos navais.

Superficie concedida no título concesional: 1.134 m².

Data da resolución: 7.4.2020.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-03-19-C-1.

Obxecto da concesión: bar-cafetaría para servizo aos usuarios do porto.

Concesionario: Javier Méndez García.

Porto: Foz.

Prazo da concesión: ata o 8.4.2035.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 860,14 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 2 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 161,42 m².

Data da resolución: 29.6.2020.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-48-87-C-3.

Obxecto da concesión: modificación substancial para prórroga e ampliación de prazo extraordinario na concesión de construción de almacén para servizo de armadores, bloque A e C.

Porto: Ribeira.

Concesionario: Sociedad Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia, O.P.P.

Prazo da concesión: ata o 26.9.2030.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 12.980,11 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual relativa a almacéns de aparellos de pesca de armadores e o 1,5 % do importe neto da cifra de negocio anual pola actividade de preparación e envasado da pesca.

Superficie concedida no título concesional: 3.443 m².

Data da resolución: 2.7.2020.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-04-19-C-1.

Obxecto da concesión: explotación indirecta do servizo de lonxa.

Porto: Cedeira.

Concesionario: Confraría de Cedeira.

Prazo da concesión: ata o 3.7.2030.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 5.199,54 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión ou o 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

Superficie concedida no título concesional: 2.030,6 m².

Data da resolución: 17.7.2020.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-04-90-C-1.

Obxecto da concesión: construción de 56 departamentos para usuarios.

Porto: Cedeira.

Concesionario: Confraría de Cedeira.

Prazo da concesión: ata o 12.9.2025.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 7.392,39 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión.

Superficie concedida no título concesional: 2.523 m².

Data da resolución: 31.7.2020.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-34-17-C-1.

Obxecto da concesión: despezamento de buques e recuperación dos seus materiais.

Porto: Brens-Cee.

Concesionario: Brokenboats, S.L.

Prazo da concesión: vinte (20) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 12.165,75 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión.

Superficie concedida no título concesional: 2.988 m².

Data da resolución: 6.8.2020.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-52-19-C-1.

Obxecto da concesión: nave para almacenamento de medios mecánicos da confraría.

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 674,67 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1,5 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión.

Superficie concedida no título concesional: 395 m².

Data da resolución: 18.8.2020.

Código da concesión: 13-36-04-C-2.

Obxecto da concesión: prórroga de explotación de nave para construción, exposición e venda de embarcacións, material náutico e taller.

Porto: Tragove.

Concesionario: Altman Import Export, S.L.

Prazo da concesión: ata o 6.10.2026.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 7.818,08 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % da importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións do taller e o 1,5 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións de venda de embarcacións e efectos navais obxecto da concesión e taxa E-4 de servizos diversos, en concepto de servizo de utilización de rampla de acceso do sublift ao mar.

Superficie concedida no título concesional: 2.062,82 m².

Data da resolución: 19.8.2020.

Código da concesión: 14-03-04-C-2.

Obxecto da concesión: prórroga construción de parque infantil para educación viaria.

Porto: Foz.

Concesionario: Concello de Foz.

Prazo da concesión: ata o 21.10.2027.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: exención do 100 % da TODP a corporacións locais cando desenvolvan actividades encadradas entre as súas finalidades públicas e estas non sexan obxecto de explotación económica.

Superficie concedida no título concesional: 3.428 m².

Data da resolución: 19.8.2020.

Código da concesión: 14-03-04-C-1.

Obxecto da concesión: prórroga construción de EDAR e colectores de saneamento.

Porto: Foz.

Concesionario: Concello de Foz.

Prazo da concesión: ata o 8.10.2027.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: exención do 100 % da TODP a corporacións locais cando desenvolvan actividades encadradas entre as súas finalidades públicas e estas non sexan obxecto de explotación económica.

Superficie concedida no título concesional: 889,1 m².

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia