Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35183

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución ao titular do predio con referencia catastral 32076A011006480000UI.

Ao non ser posible a notificación de forma habitual e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento do titular do DNI 34390573F o seguinte:

«Unha vez visto o expediente 897/2020 relativo ao incumprimento das obrigas previstas no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A011006480000UI, cunha extensión de 303 m².

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírese o propietario, arrendatario ou usufrutuario da parcela coa referencia catastral 32076A011006480000UI, localizada en Reboredo, e inscrita no catastro a nome do titular do DNI 34390573F, para que no prazo de quince (15) días execute os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do concello de realizar a execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas e de que quedan obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa».

San Cibrao das Viñas, 14 de agosto de 2020

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde