Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 31 de agosto de 2020 Páx. 34659

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Taboadela.

Faise público que, a Presidencia, con data do 21.7.2020, resolveu o seguinte:

Con data do 17.12.2019, a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense aprobou provisionalmente o estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Taboadela. A citada aprobación foi exposta ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 12, do 20.1.2020), no taboleiro de anuncios do Concello de Taboadela e na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense durante o prazo de trinta (30) días hábiles. Simultaneamente, a delimitación proposta foi sometida a informe do Concello de Taboadela durante idéntico prazo. Transcorrido o dito prazo non foron recibidas alegacións nin informe do Concello en contra da delimitación proposta.

O 13.3.2020, o expediente de delimitación de treitos urbanos foi enviado á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emitise informe preceptivo e vinculante sobre a delimitación proposta co obxecto de poder adoptar a aprobación definitiva. Con data do 8.6.2020, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe desfavorable obrigando á realización das seguintes correccións:

– «d) Nos núcleos rurais de Pereiras e Venda do Río o estudo reproduce os planos de ordenación urbanística da modificación puntual nº 3 do PXOM. As aliñacións grafadas nestes planos, pese a identificarse na lenda como aliñacións de edificación, parecen corresponderse coas aliñacións de viario (peches) definidas nas ordenanzas de aplicación. Ademais, na ordenanza de núcleo rural común establécese un recuado da edificación de 4 m respecto do peche oficial da parcela (aliñación de viario). Ante esta contradición e aplicando, conforme o previsto no artigo 6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o principio de interpretación integrada das normas, considérase que a aliñación grafada nos planos de ordenación destes núcleos rurais se corresponde coa aliñación de viario (peches) e polo tanto no estudo se deberían grafar, no solo de núcleo rural común, as aliñacións de edificación a unha distancia de 4 m das aliñacións de viario.

– e) No estudo hai treitos que discorren por solo de núcleo rural que non se recoñecen por non contar con aliñacións definidas no instrumento de planeamento. Nestes treitos, debe representarse a liña de delimitación da zona de afección da estrada nos planos de tramos urbanos sobre ortoimaxe. Por outro lado, existen erros á hora de aplicar este criterio nalgúns núcleos rurais (treitos que contan con aliñacións e non se recoñecen, e treitos que non contan con aliñacións e que se recoñecen). En particular, deben revisarse os treitos recoñecidos na estrada OU-0516 ao seu paso polos núcleos rurais de Mesón de Calvos e Casanova e na estrada OU-0515 ao seu paso polo núcleo rural de Abeledo.

– f) Nos planos dos núcleos rurais de Abeledo, Vilar, Xociños, Pumar, O Castro e Taboadela, hai treitos da estrada OU-0515 que non se recoñecen como treito urbano pero isto non se reflicte nas táboas de delimitación recollidas na memoria do estudo.

– g) O núcleo rural de Pereiras aparece erroneamente identificado como Pedreiras na táboa de delimitación de tramos urbanos da memoria do estudo».

O 17.6.2020, o estudo de delimitación corrixido foi enviado novamente á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que emitiu informe favorable o 29.6.2020, condicionado á realización dunha nova corrección:

– «d) nos planos de ordenación dos núcleos rurais de Pereiras e Venda do Río, en solo de núcleo rural común, na estrada OU-0515, falta grafar as aliñacións de edificación a 4 m das aliñacións de viario».

A derradeira corrección foi realizada o 16.7.2020.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de delimitación dos seguintes treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Taboadela.

Concello

Estrada

Núcleo

Marxe dereita

Marxe esquerda

Coordenadas

PKi

PKf

Lonxitude

PKi

PKf

Lonxitude

Inicio

Final

Taboadela

OU-0102

Pedreiras-A Venda do Río

10+235

11+045

810

10+230

10+995

765

42.264066, -7.791790

42.265742, -7.800883

11+115

11+310

195

11+115

11+175

60

42.266170, -7.801555

42.267525, -7.802978

11+320

11+890

570

11+310

11+955

645

42.267525, -7.802978

42.271246, -7.808970

OU-0515

Pedreiras-A Venda do Río

0+000

0+215

215

0+000

0+170

170

42.264976, -7.799264

42.263089, -7.799035

Abeledo

1+195

1+675

480

1+210

1+675

465

42,254584, -7.797304

42.251101, -7.799064

Pazos de Rabeda-Silvoso-Silvosiño

2+040

2+580

540

2+053

2+580

527

42.249141, -7.802687

42.246963, -7.808360

Vilar-Xociños-Pumar-O Castro

2+810

4+100

1290

2+805

2+864

59

42.246284, -7.810957

42.242241, -7.822163

2+935

3+835

900

3+974

4+095

121

Taboadela

4+290

4+415

125

42.241404, -7.824258

42.241158, -7.825613

OU-0516

Santa Locaia

0+650

0+890

240

0+575

0+890

315

42.261684, -7.837987

42.260283, -7.841012

0+985

1+040

55

42.259909, -7.842038

42.259681, -7.842617

1+270

1+305

35

42.259184, -7.844063

42.259386, -7.844407

Veredo

0+069

0+180

111

0+069

0+180

111

42.264371, -7.833131

42.263688, -7.834093

Mesón de Calvos-Casanova

0+240

0+510

270

0+264

0+415

151

42.263376, -7.834719

42.262064, -7.837437

Segundo. Ordenar a publicación da resolución de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar a resolución de aprobación definitiva á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Taboadela.

Ourense, 22 de xullo de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense