Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 31 de agosto de 2020 Páx. 34657

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Muíños.

Faise público que, a Presidencia, con data do 16.7.2020, resolveu o seguinte:

Con data do 16.12.2019, a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense aprobou provisionalmente o estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Muíños. A citada aprobación foi exposta ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 12, do 20.1.2020), no taboleiro de anuncios do Concello de Muíños e na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense durante o prazo de trinta (30) días hábiles. Simultaneamente, a delimitación proposta foi sometida a informe do Concello de Muíños durante idéntico prazo. Transcorrido o dito prazo non foron recibidas alegacións nin informe do Concello en contra da delimitación proposta.

O 11.3.2020, o expediente de delimitación de treitos urbanos foi enviado á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emitise informe preceptivo e vinculante sobre a delimitación proposta co obxecto de poder adoptar a aprobación definitiva. Con data do 2.6.2020, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe desfavorable indicando que procedía realizar as seguintes correccións:

– «A pesar de que na memoria do estudo se indica o contrario, non se grafan aliñacións de edificación nos planos de ordenación do estudo, nin nos ámbitos de aplicación da Ordenanza N2, nin nos ámbitos de aplicación da Ordenanza N1 onde non exista unha liña de edificación consolidada. Neste ámbito, conforme o indicado na normativa do PXOM, a aliñación de edificación non é coincidente coa aliñación de viario e debe grafarse nos planos a unha distancia de 9,50 m da aresta exterior da explanación da estrada».

O 17.6.2020, o estudo de delimitación corrixido foi enviado novamente á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que emitiu informe favorable o 26.6.2020.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de delimitación dos seguintes treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Muíños.

missing image file

Segundo. Ordenar a publicación da resolución de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar a resolución de aprobación definitiva á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Muíños.

Ourense, 17 de xullo de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense