Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 31 de agosto de 2020 Páx. 34655

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Vilar de Barrio.

Faise público que, a Presidencia, con data do 16.7.2020, resolveu o seguinte:

Con data 18.11.2019, a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense aprobou provisionalmente o estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Vilar de Barrio. A citada aprobación foi exposta ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 248, do 31.12.2019), no taboleiro de anuncios do Concello de Vilar de Barrio e na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense durante o prazo de trinta (30) días hábiles. Simultaneamente, a delimitación proposta foi sometida a informe do Concello de Vilar de Barrio durante idéntico prazo. Transcorrido o dito prazo non foron recibidas alegacións nin informe do Concello en contra da delimitación proposta.

O 11.3.2020, o expediente de delimitación de treitos urbanos foi enviado á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emitise informe preceptivo e vinculante sobre a delimitación proposta co obxecto de poder adoptar a aprobación definitiva. Con data do 2.6.2020, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe desfavorable indicando que procedía realizar as seguintes correccións:

– «d) Nos planos de ordenación urbanística dos treitos urbanos cuxo recoñecemento se propón, gráfanse as aliñacións de edificación no solo de núcleo rural de expansión á distancia establecida para a liña límite de edificación pola Ordenanza reguladora do uso e defensa das estradas provinciais (BOP núm. 32, do 7.2.2002), que coincide coa establecida pola Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. Esta ordenanza fixa unha liña límite de edificación de 9,5 metros para as estradas da rede primaria complementaria e de 7 metros para o resto de estradas, medida desde a aresta exterior da explanación. No resto do solo de núcleo rural, pola existencia de aliñacións consolidadas, considéranse as aliñacións de edificación coincidentes coas aliñacións de viario. Deben xustificarse ou revisarse as aliñacións de edificación grafadas para a estrada OU-0109 ao seu paso polos núcleos rurais de Cancillos e A Eirexa, xa que, a pesar de tratarse da mesma estrada, se establecen a unha distancia de 9,5 metros para o núcleo rural de Cancillos e a unha distancia de 7 metros para o núcleo rural da Eirexa.

– e) Nos planos a estrada provincial que atravesa o núcleo rural das Maus aparece erroneamente identificada como OU-0103».

O 17.6.2020, o estudo de delimitación corrixido foi enviado novamente á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que emitiu informe favorable o 26.6.2020.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de delimitación dos seguintes treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Vilar de Barrio.

missing image file

Segundo. Ordenar a publicación da resolución de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar a resolución de aprobación definitiva á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Vilar de Barrio.

Ourense, 17 de xullo de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense