Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 31 de agosto de 2020 Páx. 34662

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Carballeda de Avia.

Faise público que, a Presidencia, con data do 21.7.2020, resolveu o seguinte:

Con data do 25.11.2019, o alcalde do Concello de Carballeda de Avia presentou no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense o estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos núcleos rurais do concello de Carballeda de Avia para os efectos de que a Deputación Provincial, administración titular das estradas, incoase por instancia de parte o expediente de delimitación de treitos urbanos no seu concello. O 3.12.2019, a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense aprobou provisionalmente o estudo de delimitación. A citada aprobación foi exposta ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 12, do 20.1.2020), no taboleiro de anuncios do Concello de Carballeda de Avia e na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense durante o prazo de trinta (30) días hábiles. Transcorrido o dito prazo non foron recibidas alegacións.

O 11.3.2020, o expediente de delimitación de treitos urbanos foi enviado á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emitise informe preceptivo e vinculante sobre a delimitación proposta co obxecto de poder adoptar a aprobación definitiva. Con data do 2.6.2020, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe desfavorable obrigando á realización das seguintes correccións:

– «d) Nos planos de ordenación da modificación puntual do PXOM aprobada o 10.4.2014, que se reproducen no estudo, gráfase unha distancia de 12 metros entre aliñacións de viario no núcleo rural do Cando. Esta distancia é menor que os 20 metros entre aliñacións que establece o artigo 76 da normativa do PXOM para as estradas da Deputación cando estas atravesen solo urbano e de núcleos rurais. Polo tanto, no núcleo rural do Cando, a aliñación de edificación non se pode considerar coincidente coa aliñación de viario grafada nos planos de ordenación, polo que se debería proceder á súa representación».

O 17.6.2020, o estudo de delimitación corrixido foi enviado novamente á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que emitiu informe favorable o 29.6.2020, condicionado á realización dunha nova corrección:

– «d) Na lenda dos planos de ordenación do núcleo rural do Cando, en lugar de “aliñación de edificación” pon “aliñación de viario”. Debe corrixirse».

A derradeira corrección foi realizada o 16.7.2020.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de delimitación dos seguintes treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Carballeda de Avia.

Concello

Estrada

Núcleo

Marxe dereita

Marxe esquerda

Coordenadas

PKi

PKf

Lonxitude

PKi

PKf

Lonxitude

Inicio

Final

Carballeda de Avia

OU-0306

Faramontaos

9+730

9+880

150

9+665

10+150

485

42.362122, -8.192188

42.365171. -8.190054

OU-0306

Fornelos

7+485

7+640

155

42.346368, -8.185200

42.347268, -8.186443

OU-0306

Abelenda

6+805

7+325

520

6+700

7+470

770

42.341170, -8.179920

42.346273, -8.185054

OU-0306

O Cando

6+210

6+600

390

6+150

6+510

360

42.337850, -8.174995

42.340465, -8.179031

OU-0306

Fiscás

2+685

3+105

420

42.315769, -8.158219

42.317600, -8.161872

OU-0306

A Costeira

0+905

1+315

410

0+990

1+790

800

42.309225, -8.143079

1+700

1+790

90

42.313321, -8.150327

Segundo. Ordenar a publicación da resolución de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar a resolución de aprobación definitiva á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Carballeda de Avia.

Ourense, 22 de xullo de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense