Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 26 de agosto de 2020 Páx. 33888

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (653/2019).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 653/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Míriam Dávila García contra a empresa Centro Óptico Bergantiños, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución:

Que estimando en parte a demanda interposta por Míriam Dávila García contra a empresa Centro Óptico Bergantiños, S.L., condénase a demandada a que lle aboe á señora Dávila a cantidade de cinco mil douscentos dez euros e oito céntimos (5.210,08 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco (5) días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lles practique a notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Óptico Bergantiños, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza