Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 26 de agosto de 2020 Páx. 33890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 373/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 373/2019 deste xulgado do social, sobre ordinario, se ditou decreto de data 29.6.2020, podendo interpoñer o oportuno recurso directo de revisión no prazo de tres (3) días hábiles desde a súa publicación, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións na secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Art Coruña Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza