Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 26 de agosto de 2020 Páx. 33891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 79/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 79/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ángel Pintos Lueiro contra Amilaxa Servicios Generales, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza, Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 51/2020, do 6 de marzo de 2020, ditada no procedemento DSP 595/2019, a favor da parte executante, Manuel Ángel Pintos Lueiro, fronte a Amilaxa Servicios Generales, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 16.477,31 euros en concepto de principal (5.490,98 euros en concepto de indemnización, 4.655 euros en concepto de salarios debidos, e 271,65 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da cantidade anterior e 6.059,68 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 1.647,73 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, e non será a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e o asina SSª. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020.

Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir á executada Amilaxa Servicios Generales, S.L., co fin de que no prazo de dez (10) días aboe a cantidade de 16.477,31 euros en concepto de principal (5.490,98 euros en concepto de indemnización, 4.655 euros en concepto de salarios debidos, e 271,65 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da cantidade anterior e 6.059,68 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 1.647,73 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e ingresará o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0079 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo da súa indagación a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Amilaxa Servicios Generales, S.L., co fin de que no prazo de dez (10) días manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres (3) días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Amilaxa Servicios Generales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza