Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33249

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 326/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 326/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Soledad Landeira Juncal contra Castiñeiriño de Hostelería, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Restauración A-52, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 23 de xullo de 2020, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 326/2018 sendo parte neste, como demandante, María Soledad Landeira Juncal, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro e, como demandados, Castiñeiriño de Hostelería, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, Restauración A52, S.L., que comparece a través do seu legal representante Juan José Rodríguez Baranda, sen comparecencia do Fogasa, legalmente citado, en nome do rei, con base nos seguintes,

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por María Soledad Landeira Juncal contra as empresas Castiñeiriño de Hostelería, S.L. e Restauración A52, S.L., como consecuencia, condénase solidariamente as demandadas a aboar á demandante a cantidade de 175,34 euros en concepto de salarios, cos xuros do 10 % por mora.

Sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a que non cabe recurso de suplicación.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só poderá levarse a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexuízo, cando proceda. Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así, o acorda, o manda e o asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Castiñeiriño de Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza