Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33251

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 356/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 356/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio López Ferreiro contra Agrícola Compostela, S.L., sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 23 de xullo de 2020 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 356/2018, en que son parte, como demandante, Antonio López Ferreiro, asistido pola letrada Sra. Insua Canosa, e, como demandada, a empresa Agrícola Compostela, S.L., e citado Eduardo Jaime Porta Viu como o seu administrador concursal, así como o Fondo de Garantía Salarial, ningún dos cales comparece malia a súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Antonio López Ferreiro contra a empresa Agrícola Compostela, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 9.694,80 euros en concepto de diferenzas salariais, cos xuros do 10 % por mora. Condénase a se ater a tal condena a Eduardo Jaime Porta Viu na súa condición de administrador concursal, sen prexuízo da responsabilidade do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta sentenza se pode interpoñer recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará por comparecencia ou por escrito neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da súa notificación, e que se designará letrado ou graduado social colexiado para a súa tramitación. Advírteselle ao recorrente que non fose traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, nin gozase do dereito de asistencia xurídica gratuíta, que deberá acreditar, ao tempo de interpoñelo, ter ingresado o importe de 300 euros na conta ES55 0049 3569 9200 0500 1274 con nº 5076-0000-65- seguido do número de procedemento (catro díxitos) e o ano (dous díxitos), concepto Recursos do Banco de Santander, achegando o xustificante acreditativo. Se a sentenza impugnada condenou ao pagamento dunha cantidade, tamén se debe acreditar ter consignado a dita cantidade na referida conta, no momento do anuncio, salvo o beneficiario de xustiza gratuíta. Esta consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario solidario e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito. Se o recorrente é entidade xestora e fose condenada ao aboamento dunha prestación da Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso deberá xuntar certificación acreditativa de que comeza o seu aboamento e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente for unha empresa ou mutua patronal que fose condenada ao pagamento dunha pensión da Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social logo de determinación por esta do seu importe unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só se poderá levar a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que conteñan e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexuízo, cando proceda. Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Agrícola Compostela, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza