Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33247

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 44/2020).

Eu, María Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 44/2020 deste xulgado do social, seguido pot instancia de Cristhian Mathias Arias Delgado contra a empresa Fun Kitchen, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data do 28 de xullo de 2020 e decreto con data do 29 de xullo de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Cristhian Mathias Arias Delgado coa empresa Fun Kitchen, S.L., e condénase esta a que aboe ao executante a cantidade de 1.577,29 euros en concepto de indemnización e 10.721,16 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de reposición no prazo de tres (3) días desde a súa notificación.

Así, acórdao, mándao e asínao Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Cristhian Mathias Arias Delgado e o Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince (15) días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada, e en caso contrario, declararase a insolvencia desta.

Notifíquese ás partes e a Fun Kitchen, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres (3) días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0044 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0044 20. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicará no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, o acórdao e asinao SSª. Dou fe.

Letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Fun Kitchen, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza