Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 12 de agosto de 2020 Páx. 32149

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 201/2019).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Caixabank, S.A. fronte a María Soledad Berges Pacheco, Centro Médico Estético Kalos, Sociedade Cooperativa Galega, Centro Médico Estético Kalos-Go, S.L., Josué Fernández Berges, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 28 de novembro de 2019.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre vencemento anticipado de contrato, co número 201/2019, promovidos por Caixabank, representada polo procurador Sr. Gil Tránchez e asistida do letrado Sr. Fernández Varela, contra María Soledad Berges Pacheco, representada polo procurador Sr. Suárez Garayo e asistida do letrado Sr. Fernández Arévalo, e contra Josué Fernández Berges, Centro Médico y Estético Kalos, Sociedade Cooperativa Galega, e Centro Médico y Estético Kalos-Go, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Resolución:

Desestimando a demanda promovida pola representación de Caixabank contra María Soledad Berges Pacheco, Josué Fernández Berges, Centro Médico y Estético Kalos Sociedad Cooperativa Gallega, e Centro Médico y Estético Kalos-Go, S.L., debo absolver e absolvo os demandados das pretensións contra eles deducidas, con expresa imposición á demandante das custas procesuais derivadas dela.

Estimando na súa integridade a demanda reconvencional promovida pola representación de María Soledad Berges Pacheco contra Caixabank, debo declarar e declaro a nulidade da cláusula sexta bis do contrato, relativa á resolución anticipada, e que non procede declarar o vencemento anticipado total da obriga de pagamento con base na devandita cláusula; sen facer expresa imposición das custas procesuais derivadas da demanda reconvencional.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días dende a súa notificación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, consignando no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/mm/AAAA».

E ao estar o demandado Josué Fernández Berges en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 15 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza