Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 12 de agosto de 2020 Páx. 32151

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza e dilixencia de ordenación (DSP 179/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 179/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Torcuato Ludgero Peres contra o Fondo de Garantía Salarial, o Ministerio Fiscal e Revestimientos Silleda, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza o 26 de xuño de 2020, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Torcuato Ludgero Peres contra a entidade Revestimiento Silleda, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto con efectos do 8 de xaneiro de 2020, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a presente resolución (26.6.2020), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Revestimiento Silleda, S.L. ao aboamento a Revestimiento Silleda, S.L. dunha indemnización por despedimento a razón de 1.151,72 euros, e por salarios de tramitación a razón de 8.899,5 euros, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

Así mesmo, ditouse dilixencia de ordenación o 6.7.2020 que tamén se achega para a súa notificación:

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: Eva Ortiz Suárez.

Na Coruña o seis de xullo de dous mil vinte.

«Dada conta da anterior solicitude de emenda/complemento e rectificación da sentenza ditada nos presentes autos, de conformidade co previsto no artigo 215 da LACiv., déaselles traslado ás demais partes para que no prazo de cinco días formulen as alegacións que ao seu dereito conveña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Revestimientos Silleda, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza