Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 12 de agosto de 2020 Páx. 32147

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (55/2020).

Que no presente recurso de apelación civil número 55/2020, dimanante do procedemento de divorcio contencioso número 442/2015, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño, seguido por instancia de María Soledad Pereira Caballero, fronte a Alberto Manuel de Oliveira Rodrigues e o Ministerio FiscaI, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados, Francisco Javier Valdés Garrido, María Begoña Rodríguez Gónzalez y Jacinto José Pérez Benítez, ditou, en nome do rei, a seguinte sentenza número 355/20.

Pontevedra, 22 de xuño de 2020.

Visto en grao de apelación ante esta sección 1, da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de divorcio contencioso 442/2015, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LECN) 55 /2020, nos cales aparece como parte apelante María Soledad Pereira Caballero, representada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, asistida polo avogado Daniel Gómez Gamallo, e como parte apelada Alberto Manuel de Oliveira Rodrigues, non comparecido nesta alzada, e o Ministerio Fiscal, e sendo relator o maxistrado Francisco Javier Valdés Garrido, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamento de dereito.

Resolvemos:

Desestímase o recurso de apelación e confírmase a sentenza de instancia impugnada; todo iso sen facer especial imposición das custas procesuais da presente alzada.

Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, o mandamos e o asinamos.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E atopándose o dito demandado, Alberto Manuel de Oliveira Rodrigues, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este. Faise constar que a demandante goza do beneficio de xustiza gratuíta.

Pontevedra, 13 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza