Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 31 de xullo de 2020 Páx. 30270

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (DCO 41/2019-S).

Eu, M. Asunción Barrio Rúa, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de despedimento colectivo 41/2019 deste tribunal, seguido por instancia de Miguel Ángel Rodríguez e UGT Galicia contra Elena Barrio López, Juan Carlos Calvo Alejandre, Cufica Los Campos, S.L.; Pizarras Vadebedul, S.L.; Pizarras Valdebordoño, S.L.; Pizarras La Soledad, S.L.; Pizarras Nova Galicia, S.L. e Francisco Javier Fidalgo Fidalgo, sobre despedimento colectivo, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Resolvemos:

Que, aceptando en parte a demanda interposta pola representación letrada do Sindicato Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) e de Miguel Ángel Rodríguez Fernández, delegado de persoal da empresa Cufica Los Campos, S.L., fronte aos demandados Elena Barrio López, Juan Carlos Calvo Alejandre e contra as empresas Cufica Los Campos, S.L.; Pizarras Valdebedul, S.L.; Pizarras Valdeborboño, S.L.; Pizarras La Soledad, S.L.; Pizarras Nova Galicia, S.L. e contra Francisco Javier Fidalgo Fidalgo, debemos declarar e declaramos a nulidade do despedimento colectivo efectuado e, en consecuencia, condenamos solidariamente a todos os demandados a estar e pasar por esta declaración e as súas consecuencias, coa excepción dos representantes legais dos traballadores Elena Barrio López e Juan Carlos Calvo Alejandre, que deben ser absoltos das pretensións fronte a eles exercidas.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Modo de impugnación: advírtense as partes de que contra a presente resolución poderán interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle efectúe a notificación. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Calvo Alejandre, Cufica Los Campos, S.L.; Pizarras Vadebedul, S.L.; Pizarras Valdebordoño, S.L.; Pizarras La Soledad, S.L.; Pizarras Nova Galicia, S.L. e Francisco Javier Fidalgo Fidalgo, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza