Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 31 de xullo de 2020 Páx. 30268

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3636/2019).

Eu, Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 3636/2019 desta sala do social, seguido por instancia de Ambuibérica, S.L. contra o Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e David Rosua Pomares, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Sra. Barrio Calle.

A Coruña, 2 de xullo de 2020.

O anterior escrito presentado polo letrado Sr. Pérez Seoane, en nome e representación da entidade mercantil Ambuibérica, S.L., incorpórase ao recurso da súa razón.

Dáse por interposto o recurso de casación para a unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará co testemuño da sentenza ditada por esta sala en que resolve o presente recurso, e únase á ditada no RSU 1678/2019 que foi invocada como contraditoria.

Outrosí digo que se teñen por efectuadas as manifestacións neste contidas.

Procédese á localización das demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para a unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que así conste, para os efectos da publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación na forma á empresa Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en paradoiro ignorado, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de xullo de 2020.

A letrada da Administración de xustiza