Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 31 de xullo de 2020 Páx. 30272

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 6327/2019-M).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

«Resolvemos:

Rexeitar o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Ambuibérica, S.L. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela do 15.2.2019, en proceso sobre cantidade, seguido por instancia de Manuela Rivas Vidal contra a entidade recorrente e Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., e confirmamos a sentenza de instancia.

Modo de impugnación: fáiselle saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Que no procedemento de recurso de suplicación 6327/2019 desta sección, seguido por instancia de Ambuibérica, S.L. contra o Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e Manuela Rivas Vidal, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución.

E para que sirva de notificación en forma legal a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza