Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 790/2016).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 790/2016 deste xulgado do social, seguido sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolvo

Que, desestimando a demanda interposta por Rubén Corral Geremías contra os concellos da Coruña e Culleredo, José Manuel Varela Castro, María Teresa Torre Iglesias, Eloy García Osinde, Carlos González Cortes, María Teresa Cortes González e as empresas Artec Arquitectos, S.C., Artec Arquitectos Obras e Proxectos, S.L., Mesturas Obras e Proxectos, S.A., Extraco Construccións e Proxectos, S.A., Consvato Obras, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, debo absolver e absolvo as partes demandadas de todos os pedimentos desta. Todo iso con intervención do Ministerio Fiscal.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta sentenza, o pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carlos González Cortes e a María Teresa Cortes González, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza