Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30063

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación da sentenza (806/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 806/2019, por instancia de María Begoña Castro Quintas contra a empresa Mounting Blog, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data 23.6.2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase parcialmente a demanda formulada por María Begoña Castro Quintas fronte á empresa Mounting Blog, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Mounting Blog, S.L. á demandante María Begoña Castro Quintas.

– Condénase a empresa Mounting Blog, S.L. a que, no prazo de cinco días dende a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 402,93 euros. O aboamento da devandita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 48,84 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o que abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mounting Blog, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza