Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29224

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 6164/2019-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 6164/2019-CON

Xulgado de orixe/autos: oficio autoridade laboral 184/2019. Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Pedro Miguel Coentro Teixeira

Avogada: María Montserrat Pérez Viso

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Lucía Galvis Guevara, Adela Katiuska Paredes Valencia, Vanessa Terranova, Aicha Machfaqui El Asraqui e Iidiko Kandalaa

Avogado/a: letrado da Seguridade Social

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6164/2019-CON desta sala, seguido por instancia de Pedro Miguel Coentro Teixeira contra a Tesouraría Xeneral da Seguridade Social, Lucía Galvis Guevara, Adela Katiuska Paredes Valencia, Vanessa Terranova, Aicha Machfaqui El Asraqui e Iidiko Kandalaa, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«1º. Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Pedro Miguel Coentro Teixeira fronte á Sentenza do 4 de xuño de 2019 do Xulgado do Social número 1 de Ourense, ditada nos autos número 184/2019 de procedemento de oficio. Todo iso confirmando a sentenza de instancia. Sen custas.

2º. Condénase á perda do depósito constituído para recorrer, unha vez que esta sentenza sexa firme.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lucía Galvis Guevara, Vanessa Terranova, Aicha Machafaqui El Asraqui e Idiko Kandalaa, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza