Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29226

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1773/2017).

Cédula de notificación

No procedemento de referencia ditouse a sentenza do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense.

Sentenza 1177/2019.

Sra. maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

Ourense, 25 de outubro de 2019

Vistos os presentes autos número 1173/17 sobre divorcio promovidos polo procurador Francisco Pérez, en nome e representación de Antonio Vázquez Diéguez, como demandante, asistido pola letrada Sra. López, fronte a Cristina Rodríguez Ruiz, declarada en rebeldía,

Resolvo:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Antonio Vázquez Diéguez e Cristina Rodríguez, todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se lle impoñen as custas deste procedemento a ningunha das partes.

Esta resolución non é firme. De conformidade co disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra esta resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss da LAC) ante este tribunal, para o que haberá que constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez que esta resolución sexa firme, comuníqueselle de oficio, para a súa anotación, ao Rexistro Civil no que figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a S. Sª. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Cristina Rodríguez Ruiz, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 10 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza