Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 74/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 74/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Castro Míguez contra Asociación Thaismon, Barti Servicios 2009, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou resolución, que dispón:

Polos motivos expostos, sinálase para a celebración dos actos de conciliación e xuízo oral no presente procedemento o día 13 de outubro de 2020, ás 10.30 horas o acto de conciliación, e ás 10.35 horas o acto de xuízo oral.

Notifíquese ás partes a presente resolución e efectúese a citación de partes, testemuñas e peritos que estivese acordada en autos para a nova data e hora indicadas; téndose declarado o concurso da demandada Barti Servicios 2009, S.L., cítese o Fogasa e a administradora concursal.

Fáiselle saber á destinataria que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Barti Servicios 2009, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza