Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (178/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de clasificación profesional 178/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Hurtado Pozo, se ditou a seguinte resolución:

Auto.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2020.

Parte dispositiva:

Aclárase e rectifícase a resolución ditada nestes autos o día 13 de novembro de 2019 no sentido de que, na parte dispositiva da sentenza:

Onde di: «Estímase a demanda interposta por Beatriz Hurtado Pozo contra Malvinlab, S.L., Innovis Laboratorios, S.L., Innovis Farma, S.L. e Novocat Farma, S.A. e, en consecuencia, declárase que o posto de traballo ocupado pola demandante é o de responsable de control de calidade, grupo profesional 6, con dereito a percibir as diferenzas salariais devindicadas desde o 1 de febreiro de 2017 que, ata agosto de 2017 incluído, ascenden a 3.942,50 euros. Declárase o dereito da demandante a percibir os salarios e as diferenzas salariais devindicados conforme o grupo 6 desde esa data ata o 10 de xaneiro de 2019 incluído, máis o importe correspondente a vacacións de 662,61 euros. Condénanse as codemandadas solidariamente a se ateren á declaración e ao aboamento correspondente, sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa de acordo co artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET)».

Debe dicir: «Estímase a demanda interposta por Beatriz Hurtado Pozo contra Malvinlab, S.L., Innovis Laboratorios, S.L., Innovis Farma, S.L. e Novocat Farma, S.A. e, en consecuencia, declárase que o posto de traballo ocupado pola demandante é o de responsable de control de calidade, grupo profesional 6, con dereito a percibir as diferenzas salariais devindicadas desde o 1 de febreiro de 2017 que, ata agosto de 2017 incluído, ascenden a 3.942,50 euros. Declárase o dereito da demandante a percibir os salarios e as diferenzas salariais devindicados conforme o grupo 6 desde esa data ata o 10 de xaneiro de 2019 incluído (20 días de salario de marzo de 2018: 1.458,61 euros + 9 días de salario de abril de 2018: 656,38 euros + 1 día de salario correspondente ao día 10 de xaneiro de 2019, e a parte proporcional de vacacións (0,083 días), cuxo importe ascende a 74,75 euros brutos + 6,23€ brutos: 80,98 euros), máis o importe correspondente a vacacións de 656,38 euros; con aplicación do xuro por mora do 10%. Condénanse as codemandadas solidariamente a se ateren á declaración e ao aboamento correspondente, sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa de acordo co artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET)».

No demais debe permanecer invariable a resolución ditada.

Para que sirva de notificación en legal forma a Malvinlab, S.L., Novocat Farma, S.A., Innovis Farma, S.L. e Innovis Laboratorios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza