Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 23 de xullo de 2020 Páx. 29223

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de notificación de sentenza (PO 4263/2017).

Eu, José Miguel Formoso Sobrado, letrado da Administración de xustiza da Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento ordinario 4263/2017, seguido por instancia do Instituto Internacional de Derecho y Medio Ambiente (IIDMA) contra a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e sendo codemandado Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U., se ditou a Sentenza 139/2019, do 8 de marzo, firme desde o 13.5.2019, que contén o seguinte particular na súa resolución:

«Que debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola representación procesual do Instituto Internacional de Derecho y Medio Ambiente contra a Resolución do 23 de xuño de 2016, do secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de modificación da autorización ambiental integrada núm. 2006/0319_NAA/IPPC_044 da instalación industrial Central térmica de carbón Meirama, cos seguintes pronunciamentos:

1º. Anular parcialmente o punto 1.7.2 do anexo V (relativo á calidade do aire e, máis en concreto, ás emisións de amoníaco), condenando a Administración demandada a modificar ese punto 1.7.2 do anexo V do texto refundido da autorización ambiental integrada, deixando sen efecto a mención ao 14 % de cobertura mínima temporal, nos termos e condicións descritos no fundamento de dereito cuarto desta sentenza.

2º. Desestimar o resto de motivos de impugnación e pretensións formulados contra a resolución impugnada».

E para publicar no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 107.2 LXCA, expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de xullo de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza