Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26463

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (845/2019).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento de familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 845/2019, seguido por instancias de Rosalía Díaz, contra Rafael Antonio Franco Tunjano, nos cales se ditou sentenza o 15 de xuño de 2020, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza alimentos número 517/2020.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 15 de xuño de 2020.

Vistos os presentes autos número 845/2019 sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Sra. López Calvete, en nome e representación de Rosalía Díaz, dirixida polo letrado Sr. Deaño, fronte a Rafael Antonio Franco Tunjano, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia do menor F.F.D., así como a súa pensión de alimentos:

Atribúese a garda e custodia do fillo menor de idade F (9.6.2009) á demandante.

Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

Suspéndese o réxime de visitas que Rafael Antonio Franco Tunjano puidese ter co seu fillo F.

En concepto de alimentos a favor do seu fillo, establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data do un de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, sendo necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros.

Atribúese o uso e desfrute do domicilio que fora familiar ao menor e á súa nai, baixo cuxa custodia queda.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe preparar, no prazo de cinco días, recurso de apelación (arts. 457 e ss da LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño abondo en autos.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe.

Ourense, 17 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza