Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 498/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 498/2018 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Transferencity Autos, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se achega:

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta por Laura Crespo Rodríguez contra a empresa Transferencity Autos, S.L., condeno a esta a que lle aboe a cantidade de seis mil seiscentos corenta e un euros e noventa e catro céntimos (6.641,94 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transferencity Autos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza