Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26461

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (61/2020-CBO).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2834/2019-RCUD 61/20-CBO desta sala, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Cristina Freire Calvo, Gineglobal, S.L.; Víctor Manuel Cosme Raymundo, Domingo María Martínez de la Riva Etcheverría, Rebeca Pérez Fernández, Eline Bandín Van Loon, María Carolina Paladine Cerile, María Rodríguez Alonso, Juan Carlos Bermúdez León y el Sanatorio Quirúrgico Modelo, S.L., sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Sra. Bazarra Varela

A Coruña, 18 de xuño de 2020.

O escrito presentado pola letrada Sra. Gonzalo Bartolomé, en nome e representación do Sanatorio Quirúrgico Modelo, S.L., únese ao recurso da súa razón.

Dáse por interposto o recurso de casación para a unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala que resolve o presente recurso, á cal se unirán a ditada polo TSX de Cantabria no RSU 1341/2003, que foi achegada, así como a desta sala do social, ditada no RSU 1913/2009.

Outrosí digo, téñense por efectuadas as manifestacións neste contidas.

Procédese á localización das demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez (10) días.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 5 da Coruña que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para a unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cristina Freire Calvo, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza