Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26459

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4687/2019 PM).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4687/2019 desta sección, seguido por instancia da UTE Cañizo Vía Izquierda contra as empresas Fogasa, Assignia Infraestructuras, S.A. e Copcisa, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que rexeitamos o recurso de suplicación formulado pola UTE Cañizo Vía Izquierda contra a sentenza ditada o 5.10.2018 polo Xulgado do Social número 1 de Ourense nos autos nº 162-17, sobre cantidades, seguidos por instancia de Gloria Carrillo Jiménez contra a recorrente e demais codemandados/condenados; con revogación parcial da devandita resolución, rexeitamos a reclamación da demandante polo concepto do complemento de perigosidade e penosidade por importe de 1.365,19 €, en cuxo importe se reduce a contía obxecto de condena, e mantemos no resto a resolución contra a cal se recorreu.

En canto ao depósito, ao aseguramento e ás custas, atenderase ao razoado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lles sirva de notificación en forma legal a Assignia Industrial, S.A., á UTE EDAR Bolonia e á UTE CP Aragón 2015, en paradoiro ignorado, expido a presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ás destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza