Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2020/15-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense o día 25.11.2019 polo enxeñeiro técnico industrial Pablo López Alonso, colexiado nº 3802 do Coeticor.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A., CIF A-63222533.

Domicilio: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTS, CT e RBT Curros Enríquez 62-Xinzo.

Situación: rúa Curros Enríquez nº 62, concello de Xinzo de Limia.

Orzamento: 32.551,39 €.

Características técnicas:

– LMTS, a 20 kV, con E/S en CT proxectado (Curros Enríquez núm. 62-Xinzo), condutor tipo RHZ1 1X240 mm2 Al, con orixe na LMTS existente desde CT 32CFW8 (Cerdeiro) e final no CT proxectado e conexión con LMTS a CT 32CCX8 (rúa Lagoa), de 40 m de lonxitude.

– RTBS, en condutores tipo XZ1 1x240 Al e 1x150 Al con orixe na correspondente cela de saída do CT proxectado e final na CGP dos abonados, e lonxitude total de 32 m.

– Centro de transformación (CT) Compacto telecontrolado GSM/GPRS/FO 2L1P 250 kVA/20 kV sen envolvemento e de manobra exterior, con illamento en aceite mineral.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 3 de xuño de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense