Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballeda de Valdeorras (expediente IN407A 2020/29-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado número 482 do COETI de Ourense, en decembro de 2019, con visado número V190559, con data do 17 de decembro de 2019 do citado colexio profesional:

Solicitante: TB-Stone Pizarras y Cuarcitas, S.L.; CIF: B24703951.

Domicilio: polígono industrial r/ Río Cúa, nº 8, local 4, 24560 Toral de los Vados (León).

Denominación: LMT, CT e RBT para nave A Medua (LMT1 + LMT2).

Situación: A Medua, concello de Carballeda de Valdeorras.

Orzamento: 33.558,41 €.

Características técnicas: proxéctase a construción dunha LMT aérea a 20 kV en condutor tipo LA-56, sobre apoios de celosía, que se pode subdividir en 2 tramos:

– LMT1 (entroncamento-apoio nº 42-3N) para nave na Medua, dunha lonxitude de 176 m, con XS nos apoios de celosía proxectados nº 42-2N e nº 42-3N. A LMT ten a súa orixe no apoio existente CT94MWQN/42 da LMT de UFD CRL804-Medua 4 e a súa fin no apoio proxectado 42-3N con XS, de inicio da acometida a instalación particular do expediente 1224-AT (32PD37).

– LMT2 (apoio nº 42-2N-apoio nº 2-CT): con inicio no apoio de celosía proxectado nº 42-2N, con seccionador XS, e fin no apoio de celosía proxectado nº 2-co CT intemperie proxectado.

– CT intemperie en parcela de TB-Stone Pizarras y Cuarcitas, S.L., de 160 kVA de potencia aparente, e r/t 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, de ser o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas de 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 2 de xuño de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense