Con data do 3 de febreiro de 2020 publícase no Diario Oficial de Galicia, número 22, a Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS508C).
O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, no artigo 8 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
De conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de abril de 2020, de continuación de procedementos de adxudicación de contratos e de concesión de subvencións que estivesen en tramitación no momento de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicado por Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da mesma data (DOG número 69 bis, do 8 de abril), concretamente en relación con procedementos de subvencións en que xa se aprobasen e publicasen as correspondentes bases reguladoras e a convocatoria mais non se ditase a resolución de concesión, e logo da valoración favorable do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de maio de 2020, a conselleira de Política Social resolveu continuar o expediente de subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Sénior.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
O artigo 11 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.
Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.
2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020
Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
ANEXO
Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Sénior
Nº expediente |
Solicitante |
NIF da entidade |
Documentación requirida |
BS508C 2020/007 |
Concello de Cangas-Oficina Municipal de Voluntariado |
P3600800A |
• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.e). |
BS508C 2020/013 |
Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra |
G15173263 |
• Anexo I asinado. |
BS508C 2020/016 |
Concello de Moaña |
P3602900G |
• Proxecto de actividades (art. 8.1.a). • Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). |
BS508C 2020/017 |
Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal |
G15496607 |
• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): concordancia do número de días das persoas voluntarias co indicado no anexo I. |
BS508C 2020/018 |
Concello de Vedra |
P1509000D |
• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto presentado. |
BS508C 2020/019 |
Asociación Medioambiental Amabul |
G15925209 |
• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias. |
BS508C 2020/021 |
Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación |
G32456097 |
• Anexo I: número de persoas beneficiarias. • Proxecto de actividades (art. 8.1.a): número de persoas beneficiarias. |
BS508C 2020/023 |
Concello de Lalín |
P3602400H |
• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a). • Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Anexo I ou proxecto de actividades: concordancia do número de persoas beneficiarias. |
BS508C 2020/024 |
Concello de Monterrei |
P3205100E |
• Anexo I: revisar o número de persoas beneficiarias, concordancia da data inicio e da data de fin acorde co indicado no proxecto de actividades. |
BS508C 2020/026 |
Concello de Val do Dubra |
P1508900F |
• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias. • Anexo I: número de persoas beneficiarias, revisar a información en «datos das persoas voluntarias» e en «partes do orzamento» para que sexan acordes co proxecto presentado. |
BS508C 2020/028 |
Concello de Mondoñedo |
P2703000F |
• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): revisar a data de inicio indicada nos puntos 4 e 7. • Anexo I: modificar, se é preciso, a data de inicio acorde cos cambios no proxecto presentado. • Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.e). |
BS508C 2020/029 |
Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos |
G27753268 |
• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade. • Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias. |
BS508C 2020/032 |
Concello de Cervo |
P2701300B |
• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias • Anexo I: revisar as áreas e sectores de poboación para que estean acordes co proxecto presentado. |
BS508C 2020/033 |
Concello de Cabana de Bergantiños |
P1501400D |
• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Anexo I ou proxecto de actividades: concordancia na data de fin de proxecto. • Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.e). |
BS508C 2020/034 |
Concello de Viveiro (Oficina Municipal de Voluntariado) |
P2706700H |
• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto. • Anexo I ou proxecto de actividades: concordancia na data de inicio e fin de proxecto. |
BS508C 2020/036 |
Concello de Mos |
P3603300I |
• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto. |
BS508C 2020/037 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.c). |
BS508C 2020/038 |
Concello de Irixoa |
P1504000I |
• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias. • Anexo I: modificar o orzamento solicitado, o número de días en «datos das persoas voluntarias» e revisar o número de teléfono en «datos da entidade solicitante» e «datos da persoa de contacto». |
BS508C 2020/040 |
Asociación Socio Cultural ASCM |
G15161573 |
• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto. |
BS508C 2020/041 |
Concello de Lugo/Oficina Municipal de Voluntariado |
P2702800J |
• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.c). • Certificación de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social (art. 9.1.d). |
BS508C 2020/043 |
Concello de Sarria |
P2705700I |
• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b). • Proxecto de actividades (art. 8.1.a): indicar unha denominación para o proxecto, cuantificar o número de persoas beneficiarias e revisar a data de inicio de proxecto indicada nas páxinas 4 e 9. • Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde ao proxecto. • Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.c). |
BS508C 2020/044 |
Fundación Banco Farmacéutico de Galicia |
G70558887 |
• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total. • Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 6.4. |
BS508C 2020/045 |
Concello do Porriño |
P3603900F |
• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias. |
BS508C 2020/046 |
Asociación Raíña Paraíso |
G70461009 |
• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): número de persoas beneficiarias, orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total. • Anexo I: revisar o número de persoas beneficiarias, completar a información en «datos da persoa de contacto» e en «partes do orzamento» indicar o orzamento total acorde co proxecto. |
BS508C 2020/047 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria, «partes do orzamento» e o número de persoas beneficiarias acorde co proxecto presentado. |
BS508C 2020/048 |
Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia |
G15450828 |
• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a). |
BS508C 2020/049 |
Fundación Amigos de la Barrera |
G32321978 |
• Anexo I: número de persoas voluntarias consonte o art. 2.4 da orde, o que implica revisar «datos das persoas voluntarias», «partes do orzamento» e o orzamento solicitado; adecuar as áreas de actuación ao proxecto presentado. • Proxecto de actividades (art. 8.1.a): indicar o número de persoas voluntarias, revisar o orzamento e indicar as funcións/tarefas das persoas voluntarias no proxecto. |
BS508C 2020/050 |
Fundación Eduardo Pondal |
G70262951 |
• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a). • Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto. • Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.c). |