Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23908

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS320A).

Con data do 3 de febreiro de 2020 publícase no Diario Oficial de Galicia número 22 a Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS320A).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 8 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

De conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de abril de 2020, de continuación de procedementos de adxudicación de contratos e de concesión de subvencións que estivesen en tramitación no momento de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicado mediante resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da mesma data (DOG número 69-bis, do 8 de abril), concretamente en relación ao procedemento de subvencións en que xa se tivesen aprobado e publicado as correspondentes bases reguladoras e a convocatoria, mais non se tivese ditado a resolución de concesión, e logo da valoración favorable do Consello da Xunta de Galicia do 15 de maio de 2020, a conselleira de Política Social resolveu continuar o expediente de subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 11 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil

Nº de expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS320A 2020/005

Concello de Ribadavia

P3207000E

• Anexo I: completar a información en datos das persoas voluntarias e modificar partes do orzamento.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.e).

BS320A 2020/013

Asociación Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

G32122384

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto.

BS320A 2020/014

Concello de Cangas-Oficina Municipal de Voluntariado

P3600800A

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.d).

BS320A 2020/019

Asociación Grupo Scout Chan - 292

G70250428

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.e).

BS320A 2020/022

Asociación Erasmus Compostela

G70306394

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

BS320A 2020/023

Asociación Extramundi

G70479902

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto, revisar a data de fin acorde co indicado no proxecto e adaptar o cadro de datos dos gastos do programa para que sexa acorde co orzamento total presentado no proxecto.

BS320A 2020/027

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria, data de inicio e fin do proxecto e número de persoas beneficiarias.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): contrato por acordo en páxs. 3 e 4, cuantificar número de persoas beneficiarias e cuantificar seguro de forma proporcional se se vai incluír no total do proxecto (neste caso modificar partes do orzamento no anexo I).

BS320A 2020/028

Concello de Muíños

P3205200C

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.d).

BS320A 2020/036

Asociación ANPA Armando Cotarelo Valledor do Colexio Público de Boimorto

G15433238

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

BS320A 2020/037

Concello de Verín

P3208600A

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.e).

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.d).

BS320A 2020/038

Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES)

G32383549

• Anexo I: data de fin de proxecto igual ao indicado no proxecto de actividades.

BS320A 2020/040

Asociación Medioambiental Amabul

G15925209

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

BS320A 2020/041

Concello de Rairiz da Veiga

P3206800I

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): recalcular o orzamento total e indicar o orzamento solicitado.

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto, partes do orzamento acordes co recálculo do orzamento total e revisar áreas acordes co proxecto.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.d).

BS320A 2020/044

Concello de Lalín

P3602400H

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

BS320A 2020/045

Concello de Monterrei

P3205100E

• Revisar as datas de inicio e fin de proxecto indicadas no proxecto (páxinas 1 e 5) e no anexo I.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): o logotipo para utilizar é o da Consellería de Política Social (art. 21.2.g).

• Modificar nos certificados dos dous concellos o nome da orde e o nome do proxecto.

BS320A 2020/046

Concello de Cervo

P2701300B

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto.

BS320A 2020/050

Concello de Rois

P1507500E

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.d).

BS320A 2020/053

Asociación Protectora de Animais

Os Biosbardos

G27753268

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

BS320A 2020/054

Feafes Galicia, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia

G15545353

• Anexo I: data de inicio e fin do proxecto, orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e número de persoas beneficiarias.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): modificar o ano indicado no cálculo de persoas beneficiarias do punto 3.4 do proxecto.

BS320A 2020/055

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.e).

BS320A 2020/056

Concello de Valga

P3605600J

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: revisar o número de persoas beneficiarias, modificar partes do orzamento para que sexa acorde co orzamento total do proxecto e revisar as áreas e os sectores de poboación para que sexan acordes co proxecto.

BS320A 2020/057

Asociación Cultural, Social, Deportiva, Lúdica, Ecolóxica, da Muller, de Inclusión, do Rural, Vive Vilariño

G32504508

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): revisar a información da distribución horaria de cada actividade e do indicado como orzamento total, non coinciden os orzamentos e as horas totais das persoas voluntarias; cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: revisar o orzamento solicitado e engadir os cambios que sexan precisos unha vez revisada a indicación anterior no proxecto.

BS320A 2020/058

Concello de Ames

P1500200I

• Anexo I: data de fin de proxecto consonte o art. 1 da orde da convocatoria.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.d).

BS320A 2020/059

Concello de Cenlle

P3202600G

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto.

BS320A 2020/060

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Cualedro-Monterrei

G32465932

• Anexo I: indicar a/as área/as e modificar a data de fin de proxecto e o número de persoas beneficiarias acorde co indicado no proxecto.

BS320A 2020/061

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: data de inicio, data de fin e número de persoas beneficiarias acorde co indicado no proxecto.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia (art. 9.1.d).

BS320A 2020/063

Concello de Viveiro (Oficina Municipal de Voluntariado)

P2706700H

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

BS320A 2020/064

Concello de Lousame

P1504300C

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): a data de finalización da actividade con maiores non coincide nas páxinas 5 e 8 do proxecto.

BS320A 2020/065

Concello de Mos

P3603300I

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto.

BS320A 2020/066

Concello de Irixoa

P1504000I

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b): rectificar o nome da orde de subvención.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): indicar unha denominación para o proxecto e cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: indicar a/as área/s, o orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde, a data de inicio, a data de fin e o número de persoas beneficiarias.

BS320A 2020/067

Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (Adisbismur)

G15052137

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e revisar o financiamento propio.

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde, revisar partes do orzamento e a data de inicio para que sexa acorde co proxecto presentado.

BS320A 2020/068

Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares

G36617082

• Anexo I: revisar partes do orzamento acorde co proxecto presentado.

BS320A 2020/069

Asociación Sociocultural ASCM

G15161573

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde e o número de persoas beneficiarias.

BS320A 2020/072

Concello de Curtis

P1503200F

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): indicar o número de persoas voluntarias, os días e as horas de participación no proxecto e indicar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: data de inicio e fin do proxecto acorde co proxecto.

BS320A 2020/073

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias e revisar a suma do orzamento da páxina 9.

• Anexo I: data de inicio e fin do proxecto acorde co proxecto.

BS320A 2020/074

Concello da Veiga

P3208400F

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): non coincide o número de persoas beneficiarias indicado nas páxinas 1 e 9, revisar o número de persoas voluntarias indicado nas páxinas 1 e 10, rectificar a anualidade da páxina 2.

• Anexo I: actualizar a información, no caso de ser preciso, unha vez aplicados os cambios solicitados no proxecto.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.e).

BS320A 2020/075

Asociación Sustinea

G32422834

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

BS320A 2020/076

Concello de Guitiriz

P2702200C

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

BS320A 2020/077

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

• Anexo I: partes do orzamento acordes co proxecto presentado.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias, indicar o orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total.

BS320A 2020/078

Fundación Abrente

G70397849

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: número de persoas beneficiarias e cálculos en partes do orzamento acorde co proxecto.

BS320A 2020/079

Fundación Banco Farmacéutico de Galicia

G70558887

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total.

• Anexo I: modificar o orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria.

BS320A 2020/080

Concello de Noia-Concellaría de Igualdade, Benestar e Mocidade

P1505800A

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar as persoas beneficiarias, orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total.

• Anexo I: modificar o orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria, indicar o número de persoas beneficiarias acorde co proxecto e facilitar datos en datos da persoas de contacto.

BS320A 2020/081

Concello de Sarria

P2705700I

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a), que autoriza a persoa representante para a xestión do expediente de subvención.

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): a data de inicio non coincide no indicado nas páxinas 4 e 11.

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.e).

BS320A 2020/082

Club Deportivo Inclusivo Enki

G70505276

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

• Anexo I: número de persoas beneficiarias acorde co proxecto, modificar o titular da conta bancaria e partes do orzamento acorde co orzamento total do proxecto.

BS320A 2020/083

Concello Oza-Cesuras

P1500029B

• Anexo I: orzamento solicitado consonte ao art. 6.4 da orde de convocatoria.

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): indicar os obxectivos, a identificación de problemas, o número de persoas beneficiarias e o orzamento solicitado e modificar o número total de días no punto 3.

BS320A 2020/084

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

• Anexo I: indicar en partes do orzamento o orzamento total acorde co proxecto

BS320A 2020/085

Valoresc Innovation

G70377585

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

BS320A 2020/086

Asociación Limisi para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia

G32302671

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e a data de fin de proxecto consonte o art. 1.

BS320A 2020/087

Concello de Cabanas

P1501500A

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias, aclarar o número de días e horas das persoas voluntarias e detallar as actividades que van realizar as persoas voluntarias.

• Anexo I: revisar o número de persoas beneficiarias e o número de días en datos das persoas voluntarias.

BS320A 2020/088

Concello do Porriño

P3603900F

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

BS320A 2020/089

Asociación Amigos da Terra

Galicia-Xuventude

G32242422

• Anexo I: revisar a data de inicio do proxecto consonte o art. 1 da orde.

BS320A 2020/090

Concello de Padrón

P1506600D

• Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): modificar a data de inicio de proxecto na páxina 4.

BS320A 2020/091

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer Afal Ferrol

G15620628

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

BS320A 2020/092

Agrupación Xuvenil, Socio Cultural, Recreativa y Deportiva Brigantium

G15404403

• Anexo I: revisar as áreas para englobar as actividades da páxina 8 do proxecto, indicar en partes do orzamento o orzamento total acorde co proxecto e indicar o número de persoas beneficiarias acorde co proxecto.

BS320A 2020/093

Asociación pola Igualdade e a Coeducación Apico

G94088549

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): o número de persoas beneficiarias indicadas nas páxinas 2 e 11 non coincide.

• Anexo I: rectificar os apelidos da persoa representante e indicar en partes do orzamento o orzamento total do proxecto.

BS320A 2020/094

Asociación Tempus de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer

G15681000

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a).

BS320A 2020/095

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 6.4 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total.

• Anexo I: indicar a data de inicio, a data de fin e o número de persoas beneficiarias.

BS320A 2020/097

Asociación Juvenil y Cultural Ateibo

G27013309

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): rectificar o nome da consellería a que solicita a subvención na páxina 1.

BS320A 2020/098

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

• Anexo I: indicar en partes do orzamento o orzamento total acorde co proxecto.

BS320A 2020/099

Asociación Ecos do Sur

G15354483

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): rectificar o nome da orde na páxina 1, rectificar o ano no calendario da páxina 11, revisar o número de persoas beneficiarias na páxina 9 e revisar o cálculo de subtotais e totais do cadro de orzamento.

• Anexo I: indicar o número de persoas beneficiarias, revisar as áreas e sectores de poboación que se corresponden coa actividade 6.3 e, se a revisión de cálculo no cadro de orzamento do proxecto o precisa, rectificar o orzamento solicitado.

BS320A 2020/100

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

• Anexo I: revisar partes do orzamento acorde co orzamento total do proxecto.

BS320A 2020/101

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a).

• Proxecto de actividades (art. 8.1.a): rectificar na páxina 6 a tipoloxía do grupo de voluntariado.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 9.1.e).