Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23903

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS306B).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2020, a través da Orde do 20 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 27, do 10 de febreiro de 2020), as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.

O artigo 9 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 10 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 13 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade ou grupo solicitante para que nun prazo de dez (10) días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, o artigo 12 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades ou grupos solicitantes recollidos no anexo de que son requiridos para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 54 59 37 e 981 54 48 66.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións:

Núm.
exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2020/047

Asociación Xuvenil Ateibo

G27013309

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada persoa membro.
2. Se a persoa que asina a solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

2020/050

Asociación Xogais

G36917037

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada persoa membro.
2. Se a persoa que asina a solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

3. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2020/059

Asociación EFA Piñeiral

G15058977

1. Poder de representación da persoa que asina a solicitude.

2020/067

Cruz Vermella Española-Cruz Vermella Xuventude

Q2866001G

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada membro.
2. Se a persoa que asina a solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.
3. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2020/085

Club Montañeiros Celtas

G36637890

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada membro.
2. Se a persoa que asina a solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.
3. Anexo I cuberto correctamente.
4. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2020/106

Asociación Feitizo

G70550710

1. Anexo I cuberto correctamente.
2. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.
3. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada persoa membro.
4. Se a persoa que asina a solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

Grupos informais de mozas e mozos:

Núm.
exp.

Solicitante

DNI/NIE da persoa representante

Nome da persoa representante

Documentación requirida

2020/037

Kpop Lugo

***0825**

Víctor Manuel Carro Cotarelo

1. Anexo I cuberto correctamente.
2. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2020/040

Antas 2020

***1309**

Aroa Pazos Vidal

1. Certificado de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia da persoa membro do grupo Paola Rodríguez Cerviño, co DNI ***4170**, e de Ana Belén Sanjurjo Fernández, co DNI ***7901**.

2020/056

OvinoGal

***0244**

Alejandro Castelo Lens

1. Un poder de representación a favor dunha persoa membro do grupo, asinado polas demais persoas que o compoñen (anexo IV).
2. DNI, certificado de empadroamento que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude, certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e anexo II da persoa membro do grupo Antonio Gómez Goas, co DNI ***2584**.

2020/058

Lazanos polo Camiño

***3253**

Jacobo García Novoa

1. Anexo I cuberto correctamente.
2. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

3. Un poder de representación a favor dunha persoa membro do grupo, asinado polas demais persoas que o compoñen (anexo IV).

2020/080

Grupo Informal Vedra Verde XXI

***9463**

Silvia Ferro Fernández

1. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2020/082

Mocidade Exterior en Galiza

***4382**

Santiago Gamboa Ocampo

1. Anexo I cuberto correctamente.
2. DNI, certificado de empadroamento que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude, certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia da persoa membro do grupo Tamina Batán Rody Lima.

2020/089

Onion

***9106**

Lara Caeiro de Soto

1. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2020/090

Ovos de Ouro

***9810**

Pedro Fernández Ares

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.
2. Un poder de representación a favor dunha persoa membro do grupo, asinado polas demais persoas que o compoñen (anexo IV).
3. DNI, certificado de empadroamento que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude, certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia de cada persoa membro do grupo informal.

2020/093

Iniciatica Xove de Integración

***3023**

Cristina Correa Segade

1. Anexo I cuberto correctamente.
2. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2020/094

Magma

***6505**

Alma da Luz Fernández

1. DNI, certificado de empadroamento que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude, certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia da persoa membro do grupo Carmen Daluz Fernández.

2020/100

Rural Mutante

***2970**

Araceli Macías García

1. Certificado de empadroamento que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude da persoa membro do grupo Inés Ortega Fernández, co DNI ***3473**.

2. Certificado de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia da persoa membro do grupo Alba Rodríguez de Zugasti, co DNI ***3363**.

2020/113

LZU Producciones

***0869**

Gabriel Varela Vales

1. Anexo I cuberto correctamente.
2. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2020/118

Esfeir@s

***8442**

Gabriel Varela Vales

1. Anexo II da persoa membro do grupo Miguel Antón Lajos Couselo, co DNI ***4619**.

2020/133

GZ Agroup

***6785**

Gustavo Thomé Oliveira

1. Certificado de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia da persoa membro do grupo Gustavo Thomé Oliveira, co DNI ***6785**.

2020/135

Rol Dungeon

***9290**

Marcos Gañete Mougán

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.
2. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia da persoa membro do grupo Enrique Villarreal Persaud, co DNI ***3792**.