BDNS (Identif.): 509713.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensino básico obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil (código de procedemento ED601A).
Segundo. Obxecto
Axudas económicas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 3 de xuño 2020 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2019/20 (código de procedemento ED601A).
Cuarto. Contía
Importe total da convocatoria: 552.998,00 €.
Contía das axudas: ata un máximo do 50 % do custo do servizo de comedor do centro escolar correspondente.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 3 de xuño de 2020 no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2020
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional