Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23923

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS508B).

Con data do 3 de febreiro de 2020, publicase no Diario Oficial de Galicia número 22, a Orde do 3 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS508B).

O artigo 6 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 7 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

De conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de abril de 2020, de continuación de procedementos de adxudicación de contratos e de concesión de subvencións que estivesen en tramitación no momento de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicado pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da mesma data (DOG núm. 69-Bis, do 8 de abril), concretamente en relación co procedemento de subvencións en que xa se tivese aprobado e publicado as correspondentes bases reguladoras e a convocatoria mais non se tivese ditado a resolución de concesión, e logo da valoración favorable do Consello da Xunta do 15 de maio de 2020, a conselleira de Política Social resolveu continuar o expediente de subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 10 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 14 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado

Núm. exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508B 2020/001

Asociación Alar Galicia, para Proyectos Globales de Inserción e Integración Sociolaborales

G15775901

• Anexo I: concordancia da data de inicio co indicado no proxecto.

BS508B 2020/009

Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector, IGAXES3

G15784978

• Anexo I: concordancia do número de persoas voluntarias e do número de persoas beneficiarias co proxecto.

BS508B 2020/021

Aspnais-Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo

G27018365

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): orzamento total, número de persoas beneficiarias e datas de actividades consonte o artigo 2 da orde de convocatoria (páxina 4 do proxecto).

BS508B 2020/022

Fundación Ingada

G70394374

• Anexo I ou proxecto de actividades: concordancia no número de persoas voluntarias.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): revisar anualidade consonte o artigo 2 da orde de convocatoria (páxina 4).

BS508B 2020/023

Fundación de Adultos Discapacitados de A Coruña, ADCOR

G15546484

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Anexo I ou proxecto de actividades: concordancia da data de inicio.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): indicar quen asume a diferenza entre o orzamento solicitado e o orzamento total.

BS508B 2020/025

Asociación Down Ourense

G32311870

• Anexo I: datos da persoa de contacto, área para o proxecto e orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

• Proxecto: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 e, en consecuencia, revisar os cálculos do orzamento.

BS508B 2020/028

Asociación Erasmus Compostela

G70306394

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde da convocatoria, datos da persoa de contacto e revisar número de conta bancaria.

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a).

BS508B 2020/029

Asociación Extramundi

G70479902

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a).

BS508B 2020/032

Asociación Integro para a diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

• Anexo I e proxecto de actividades: orzamento solicitado consonte o artigo 5.3 da orde de convocatoria e concordancia no número de persoas voluntarias.

BS508B 2020/033

Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer de Chantada

G27320225

• Anexo I: orzamento solicitado e datos da persoa de contacto.

BS508B 2020/035

Asociación de Atención a la parálisis cerebral y afines Amencer-Aspace

G36153757

• Anexo I: data de fin do proxecto consonte o art. 2 da orde de convocatoria.

• Proxecto de actividades: data de fin do proxecto consonte o art. 2 e cubrir o importe da subvención solicitada e quen asume a diferenza co orzamento total.

BS508B 2020/036

Asociación lucense de esclerosis múltiple, Alucem

G27209535

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Anexo I: data de fin do proxecto consonte o art. 2 da orde de convocatoria, concordancia do importe solicitado co indicado no proxecto, e indicar a área na cal se solicita.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): data de fin do proxecto consonte o art. 2, cubrir «identificación de problemas» e concordancia do importe solicitado co anexo I.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social (art. 8.1.d).

BS508B 2020/037

Asociación Alcer-Lugo, para a loita contra as enfermidades renais

G27015866

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Anexo I: importe solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria e cubrir os datos da persoa de contacto.

• Proxecto de actividades: revisar o orzamento e indicar o importe solicitado consonte o art. 5.3 e quen asume o financiamento da diferenza.

BS508B 2020/038

Fundación Hospital Asilo de Nuestra Señora de los Ángeles

G32008633

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): modificar a data de fin do proxecto nas páxinas 13 e 18 consonte o art. 2, indicar o importe solicitado consonte o art. 5.3 e quen asume o a diferenza co orzamento total.

BS508B 2020/041

Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña, Grumico

G15038797

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

BS508B 2020/042

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra Cogami-Pontevedra

G36704195

• Anexo I: concordancia do número de persoas beneficiarias e voluntarias co indicado no proxecto.

BS508B 2020/044

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

• Modificar a terminoloxía usada para referirse ao compromiso de colaboración no punto 2.3 do programa.

• Anexo I: concordancia entre o número de persoas voluntarias e a data de inicio do proxecto respecto ao indicado no proxecto de actividades.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): concordancia entre o número de persoas voluntarias e a data de inicio do proxecto respecto ao indicado no anexo I, revisar o orzamento total do programa xa que o indicado no primeiro parágrafo do punto 3.5 non coincide co detalle posterior nin coa táboa resumo.

BS508B 2020/046

Asociación Autismo Ourense

G32249484

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Anexo I: concordancia do número de persoas voluntarias co indicado no proxecto.

BS508B 2020/047

Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer, Fagal

G15656739

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

• Proxecto de actividades: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 e indicar quen asume a diferenza co orzamento total.

BS508B 2020/050

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

• Anexo I: concordancia do número de persoas beneficiarias co indicado no programa de actividades.

BS508B 2020/053

Aspronaga, Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia

G15028855

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): data de fin do proxecto consonte o art. 2 da orde de convocatoria, revisar orzamento (o indicado no primeiro parágrafo do punto «gasto previsto» non coincide co indicado na táboa de resumo) e concordancia do número de persoas beneficiarias e do número de persoas voluntarias co do anexo I.

BS508B 2020/054

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Anexo I: concordancia do número de persoas voluntarias co do proxecto.

BS508B 2020/055

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 8.1.c).

BS508B 2020/057

Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense Renacer

G32306623

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a).

BS508B 2020/059

Asociación sociocultural ASCM

G15161573

• Anexo I: área na cal se solicita.

BS508B 2020/060

Aspanaex, Asociación en Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra

G36605905

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): eliminar do orzamento os bens inventariables acorde co artigo 5.2 da orde e, de ser o caso, modificar o importe solicitado no anexo I.

BS508B 2020/061

Asociación Centro Xuvenil Don Bosco

G15071566

• Anexo I: concordancia da data de fin do proxecto e do número de persoas voluntarias coas do proxecto.

BS508B 2020/062

Asociación San Xerome Emiliani

G36018802

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): eliminar do orzamento os bens inventariables acorde co artigo 5.2 da orde e, de ser o caso, modificar o importe solicitado no anexo I.

BS508B 2020/063

Asociación Cultural O Castro

G36116879

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

• Anexo I ou proxecto de actividades: concordancia do número de persoas beneficiarias e das datas de inicio e fin do proxecto.

BS508B 2020/064

Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) da Provincia da Coruña, Aspanaes

G15048937

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria e indicar quen asume a diferenza co orzamento total.

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3.

BS508B 2020/065

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

• Anexo I ou proxecto de actividades: concordancia do número de persoas voluntarias e das datas de inicio e fin do proxecto.

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

• Proxecto de actividades: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 e quen asume a diferenza co orzamento total.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 8.1.c).

BS508B 2020/068

Fundación Eomaia

G27729326

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 5.3 e quen asume a diferenza co orzamento total, concordancia do número de persoas voluntarias e beneficiarias e datas de inicio e fin do proxecto coas do anexo I.

BS508B 2020/070

Asociación Afaco, de familiares de enfermos de Alzhéimer y demencias afines de A Coruña

G15538838

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 5.3 e quen asume a diferenza co orzamento total; revisar e actualizar as referencias á Lei de voluntariado na páxina 7.

BS508B 2020/072

Asociación Síndrome de Down de Lugo

G27202043

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 5.3.

BS508B 2020/073

Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares

G36617082

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias e orzamento desagregado do custo de todas as actividades, importe solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria e o indicado na solicitude e quen asume o financiamento da diferenza entre o orzamento total e o solicitado.

BS508B 2020/074

Fundación Abrente

G70397849

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Anexo I: importe solicitado, datas de inicio e fin do proxecto, número de persoas beneficiarias e número de persoas voluntarias.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): identificación de problemas e número de persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto e do número de días que participará cada unha delas (art. 7.1.a).

BS508B 2020/075

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cogami

G32115941

• Anexo I: datos da persoa de contacto e, de ser o caso, modificar a data de inicio do proxecto acorde ao indicado no proxecto de actividades.

• Proxecto de actividades: revisar a concordancia entre o número de persoas voluntarias e a data de inicio do proxecto respecto ao indicado na solicitude. Indicar identificación de problemas e o número aproximado de persoas beneficiarias e quen asume a diferenza entre o orzamento total e o solicitado.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 8.1.c).

BS508B 2020/076

Asociación Española contra el cáncer (AECC)/Junta Provincial de Ourense

G28197564

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): revisar a concordancia entre a data de fin das actividades, indicadas na páxina 7, respecto ao indicado na solicitude e acorde co art. 2.a). Indicar identificación de problemas (art. 7.1.a) e quen asume a diferenza entre o orzamento total e o solicitado.
Anexo I: revisar os datos para os efectos de notificación.

BS508B 2020/079

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): indicar identificación de problemas e revisar a data de fin de proxecto acorde co indicado na solicitude. Modificar as referencias ao ano 2019 nas páxinas 6, 7 e 12. Indicar importe solicitado e quen asume a diferenza respecto ao orzamento total.

• Anexo I: modificar, de ser o caso, a data de fin do proxecto acorde co indicado no proxecto de actividades.

BS508B 2020/081

Asociación Filantrópica. Inclusión Social Activa. Boa Vida

G94056215

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

BS508B 2020/082

Asociación de Padres, Profesionales y Amigos de Personas con Discapacidad Intelectual Special Olympics Galicia

G15771777

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria.

BS508B 2020/083

Sociedade Amigos de Redondela, Soar

G94175544

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria e o indicado no proxecto de actividades. Revisar a data de fin de proxecto respecto ao indicado no proxecto de actividades.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): identificación de problemas e, de ser o caso, revisar as datas das actividades acorde co indicado na solicitude.

BS508B 2020/084

Asociación Oficina de Voluntariado

G94035565

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria e o indicado no proxecto de actividades. Revisar a área na cal se solicita acorde ao indicado no proxecto de actividades.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): acorde co art. 1.3 e indicar os obxectivos, a identificación dos problemas que se pretende solucionar coa realización do proxecto, número aproximado de persoas beneficiarias e orzamento desagregado do custo de todas as actividades.

BS508B 2020/085

Xeración Asociación Cultural

G70385091

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): número de persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto e o número de días que participará cada unha delas.

• Anexo I: de ser o caso, modificar o número de persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto e o número de persoas beneficiarias acorde ao indicado no proxecto.

BS508B 2020/086

Asociación de Pais, Nais, Familiares e Amigos de Persoas con Trastornos do Espectro Autista TEA Un Máis

G94046380

• Anexo I: data de fin do proxecto acorde co art. 2 da orde de convocatoria e revisar o número de persoas voluntarias acorde co indicado no proxecto.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): identificación de problemas, revisar as datas das actividades acorde co art. 2 da orde e o número de persoas voluntarias indicadas respecto ao indicado na solicitude. Indicar importe solicitado e quen asume a diferenza respecto ao orzamento total.

BS508B 2020/088

Arquitectos Sin Fronteras España, ASF-Demarcación Galicia

G60192614

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Anexo I: área na cal se solicita.

BS508B 2020/094

Fundación Juan Soñador

G24452435

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

BS508B 2020/095

Asociación Diversidades

G27783950

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): revisar se a actividade «Participar no Encontro Estatal de Voluntariado» cumpre co artigo 1.3, indicar o número de persoas voluntarias e o número de persoas beneficiarias.

BS508B 2020/096

Sociedade Recreativa San Xoán de Calo

G15069883

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total

• Anexo I: área na que se encadra o proxecto e orzamento solicitado consonte o art. 5.3.

BS508B 2020/097

Valoresc Innovation

G70377585

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a).

BS508B 2020/098

Asociación Limisi, para a promoción das persoas con diversidade funcional da comarca da Limia

G32302671

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): modificar o ano indicado na información das persoas voluntarias na páxina 10.

BS508B 2020/099

Club Deportivo Inclusivo ENKI

G70505276

• Anexo I: rectificar o titular da conta bancaria.

• Anexo I ou proxecto: concordancia do número de persoas beneficiarias e persoas voluntarias.

BS508B 2020/100

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

• Anexo I ou proxecto: concordancia do número de persoas voluntarias e persoas beneficiarias non coincide.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total.

BS508B 2020/101

Asociación Amigos da Terra Galicia-Xuventude

G32242422

• Anexo I ou programa: concordancia da data de inicio.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): na páxina 14 indícanse dúas cantidades diferentes como orzamento solicitado.

BS508B 2020/102

Asociación Xuvenil Xentenova

G36636538

• Anexo I: concordancia da data de inicio, do número de persoas voluntarias e do orzamento solicitado co indicado no proxecto.

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): quen asume a diferenza entre o orzamento solicitado e o orzamento total.

BS508B 2020/103

Asociación Sustinea

G32422834

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a).

BS508B 2020/104

Asociación Avelaíña de axuda ás persoas con problemas de saúde mental

G36298867

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): adaptar as actividades programadas á data de fin de proxecto establecida na orde (art. 2)

• Anexo I: rectificar a data de fin de proxecto (art. 2).

BS508B 2020/105

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): número de persoas beneficiarias, orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total.

• Anexo I: número de persoas beneficiarias, número de persoas voluntarias, datos da persoa de contacto e orzamento solicitado consonte o art. 5.3.

BS508B 2020/106

Fetega-UDP, Federación Territorial de Asociaciones Provinciales de Pensionistas y Jubilados de Galicia

G32193138

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Certificado de tarefas de representación asignadas á responsable de tramitación do expediente de subvención.

BS508B 2020/107

Marola Fútbol Club

G15583370

• Anexo I: datos da persoa de contacto, área do proxecto, data de inicio, data de fin, número de persoas voluntarias, número de persoas beneficiarias e orzamento solicitado consonte o art. 5.3.

• Proxecto: indicar os obxectivos, o orzamento solicitado consonte o art. 5.3 e quen asume a diferenza co orzamento total.

BS508B 2020/108

Fademga Plena Inclusión Galicia (Federación Gallega de Asociaciones en Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual o del Desarrollo)

G36620037

• Anexo I: data de fin de proxecto consonte o art. 2 da orde de convocatoria.

BS508B 2020/109

Fundación Baiuca Verdescente

G70542113

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total, indicar o número de persoas beneficiarias e modificar as datas de proxecto e o cronograma (páxinas 13 a 17) acorde co art. 2 da orde.

• Anexo I: data de fin consonte o art. 2 da orde, orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde e datos da persoa de contacto.

BS508B 2020/111

Asociación Tempus, de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer

G15681000

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a).

BS508B 2020/113

Fundación Ronsel

G15752660

• Anexo I: indicar a área.

BS508B 2020/115

Asociación Mirabal

G70312954

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): modificar o ano de proxecto nas páxinas 5 e 6 e nas datas de temporalización da páxina 9.

• Anexo I ou proxecto: concordancia da data de fin de proxecto.

BS508B 2020/116

Club Hockey Compostela

G70160114

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): as actividades detalladas no proxecto non se adaptan a un proxecto de formación (art. 1.3.b), a temporalización ten que adaptarse ao indicado no art. 2, revisar na páx. 3 a descrición do perfil das persoas voluntarias, cuantificar o número de persoas beneficiarias e presentar un orzamento para o proxecto de voluntariado (orzamento total, orzamento solicitado (art. 5.3) e quen asume a diferenza entre ambos).

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria, data inicio, data fin, número de persoas voluntarias e número de persoas beneficiarias.

• Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 8.1.c).

BS508B 2020/118

Asociación Ecos do Sur

G15354483

• Anexo I: concordancia da data de inicio coa do proxecto.

• Proxecto: revisar os subtotais no orzamento da actividade 1 e o orzamento total (falta unha partida de hosting da actividade 1).

BS508B 2020/120

Federación de centros xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Anexo I: concordancia do número de persoas beneficiarias co indicado no proxecto.

BS508B 2020/121

Asociación Proxecto Máscaras

G70401518

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a).

BS508B 2020/122

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

• Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 8.1.a).

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a).

BS508B 2020/123

Federación ASDE-Scouts de Galicia

G70305008

• Proxecto de actividades (art. 7.1.a): número de persoas voluntarias, orzamento solicitado consonte o art. 5.3 da orde de convocatoria e quen asume a diferenza co orzamento total e ampliar a información sobre as actividades a realizar.

• Anexo I: orzamento solicitado consonte o art. 5.3.

BS508B 2020/124

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

• Anexo I ou proxecto: concordancia do número de persoas voluntarias e do número de persoas beneficiarias.