Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21864

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3863/2019-MRA).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3863/2019-MRA.

Xulgado de orixe/autos: SS Seguridade Social 841/2018. Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: José Bernárdez Gándara.

Avogada: Patricia Mariño Rodríguez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Yanauto, S.L.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, María Araceli Martínez Araújo.

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3863/2019 desta sección, seguido por instancia de José Bernárdez Gándara contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61 e Yanauto, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da parte demandante José Bernárdez Gándara contra a Sentenza do 12 de marzo de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo nos autos nº 841/2018, seguidos por instancia do demandante contra o INSS, a TXSS, a Mutua Fremap e a empresa Yanauto, S.L., sobre impugnación de continxencia de incapacidade permanente total, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, por esta nosa sentenza.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito, e para que produza os efectos oportunos, expido este edicto que asino na Coruña o 12 de maio de 2020. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Yanauto, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza