Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21862

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (4201/2019-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 4201/2019-CON

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario (PO) 98/2017 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrentes: G.I. Granitos Ibéricos, S.A. e Antonio González Gándara

Avogados: Mónica Díaz Rey e Alfredo Briales Porcioles

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Blokdegal, S.A., Marcelino Martínez, S.L., Granipiedra, S. Coop., Salpérez, S.L., Miguel Zurita Montes, José Rodríguez Pereira e Canteras Roygan, S.L.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Ricardo Estrada Ibars e Marcos Castro Álvarez

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4201/2019-CON desta sala, seguido por instancia de G.I. Granitos Ibéricos, S.A., Antonio González Gándara contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Blokdegal, S.A., Marcelino Martínez, S.L., Granipiedra, S. Coop., Salpérez, S.L., Miguel Zurita Montes, José Rodríguez Pereira, Canteras Roygan, S.L., sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Que, desestimando os recursos de suplicación interpostos pola representación procesual da empresa Granitos Ibéricos, S.A. e do traballador Antonio González Gándara fronte á Sentenza do 26 de febreiro de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo nos autos 98/2017 e 660/2017, sobre recarga de prestacións, seguidos como demandante-demandado Antonio González Gándara e Granitos Ibéricos, S.A., como demandados, Blocdegal, S.A., Granipiedra, Marcelino Martínez, S.L., Canteras Roygan, S.L., José Rodríguez Pereira, Miguel Zurita Montes e Salpérez, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Granipiedra, S. Coop., Blokdegal, S.A., Canteras Roygan, S.L., Salpérez, S.L. e José Rodríguez Pereira, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza