Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21812

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 14 de maio de 2020 de aprobación definitiva da modificación puntual número 25 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Nigrán, referida a medidas de rexeneración, rehabilitación e renovación urbanas.

O Concello de Nigrán remite a documentación relativa á modificación puntual referida de cara á súa aprobación definitiva, conforme o previsto nos artigos 60.13 e 60.16 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e os artigos 144.13 e 144.16 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG).

Analizada a documentación aprobada polo Pleno do Concello de Nigrán en setembro de 2019 e vista a proposta literal que eleva a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Nigrán conta cunhas normas subsidiarias de planeamento aprobadas definitivamente o día 16.5.1991, cuxo texto refundido foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o día 23.11.1991.

I.2. Mediante resolución do 3.5.2017, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático resolveu non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria esta modificación puntual (MP) (expediente 2017AAE2011 e código 1910/2017), publicada no Diario Oficial de Galicia do 5.6.2017.

I.3. Constan informes técnicos municipais dos días 20.7.2017, 20.12.2017 e 14.9.2018, informes xurídicos dos días 20.7.2017, 8.1.2018 e 3.8.2018 e os informes de secretaría dos días 19.2.2018 e 6.8.2018.

I.4. A modificación puntual foi aprobada inicialmente polo Pleno municipal na sesión do 27.9.2018 e expúxose ao público polo prazo de dous meses, mediante publicación no DOG núm. 206, do 29.10.2018 e no xornal Faro de Vigo do 10.10.2018.

I.5. Segundo o establecido no artigo 60.7 da LSG, realizáronse as consultas e solicitáronse os informes sectoriais, e recibiuse o informe da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior do 27.11.2018; do Instituto de Estudos do Territorio asinado o 12.2.2019; da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático en materia de residuos do 30.11.2018; de Augas de Galicia do 19.2.2019; da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do 24.1.2019; da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), un asinado os días 31.1.2019 e 1.2.2019 e outro asinado os días 8.2.2019 e 11.2.2019; da Dirección Xeral de Defensa do Monte do 31.1.2019; o Acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra do 21.12.2018; o informe solicitado a Portos de Galicia asinado os días 3.4.2019 e 4.10.2019, e o da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 2.5.2019. Recibiuse tamén copia do informe en materia de costas previo á aprobación inicial, emitido pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o 30.8.2017. Consta un informe posterior da AXI asinado os días 4.6.2019 e 5.6.2019.

Non se recibiu resposta da Subdirección Xeral de Ordenación do Territorio, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Deuse audiencia aos concellos limítrofes de Baiona, Gondomar e Vigo e recibiuse resposta do Concello de Vigo, mediante certificación do acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do día 20.12.2018.

I.6. O Concello de Nigrán solicitou informe á Subdelegación do Goberno (da que non se recibiu resposta segundo consta no informe do día 07.08.2019 do técnico de administración xeral do Concello), á Dirección Xeral de Aviación Civil (constan informes dos días 20.11.12.2017, 27.12.2017 e 18.2.2019), á Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar (constan informes dos días 4.12.2017, 28.1.2019 e 6.3.2020), a Portos do Estado (consta informe do día 10.12.2018), á Deputación de Pontevedra ( consta Acordo da Xunta de Goberno dos días 21.12.2018 e 26.4.2019), á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (consta informe do día 29.10.2018), á Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da información (constan informes dos días 28.11.2018 e 9.1.2019) e á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas (consta informe do día 19.12.2018).

I.7. Constan informes técnicos municipais dos días 29.3.2019, 17.4.2019, 24.7.2019 e 26.11.2019, informes xurídicos dos días 18.12.2018 e 7.8.2019 e informe de secretaría do día 24.9.2019.

I.8. O Pleno do Concello aprobou provisionalmente esta modificación puntual en sesión do día 30.9.2019.

I.9. Desde o Concello de Nigrán achégase o documento aprobado provisionalmente e dáse resposta aos requirimentos realizados.

I.10. Ante a situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o Goberno de España declarou, mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, o estado de alarma en todo o territorio nacional.

A disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, na súa redacción dada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, refírese á suspensión dos prazos administrativos, sinalando a suspensión de termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos de todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Porén, a propia disposición prevé que as entidades do sector público acorden, motivadamente, a continuación daqueles procedementos administrativos referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

En atención ao exposto, de conformidade coa Orde do 27 de abril de 2020, publicada no DOG núm. 84, do 4 de maio de 2020, acórdase o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, durante a vixencia do estado de alarma, entre eles o de tramitación dos instrumentos de planeamento urbanístico, tal e como consta no número 3 do anexo da citada orde.

II. Obxecto da modificación puntual.

A modificación propón unha serie de cambios na normativa para adaptala ao novo marco lexislativo en materia de edificación e ordenación, e afecta:

a) A regulación do réxime das edificacións preexistentes.

b) Obras permitidas en edificacións obxecto dalgunha protección.

c) Materiais, elementos de composición e integración das edificacións na contorna.

d) Regulación de equipamentos e fomento da diversidade de usos compatibles nos núcleos rurais e urbanos.

e) Condicións das urbanizacións e especial regulación no solo urbano consolidado.

f) Integración de enerxías renovables e minimización da contaminación do solo e acuíferos.

g) Adaptación do planeamento á normativa aeroportuaria (epígrafe introducida como consecuencia dos informes sectoriais emitidos durante a tramitación desta modificación).

h) Adaptación do planeamento á normativa de costas (epígrafe introducida como consecuencia dos informes sectoriais emitidos durante a tramitación desta modificación).

III. Análise e consideracións.

III.1. As razóns de interese público exixidas no artigo 83.1 da LSG para calquera modificación do planeamento urbanístico xustifícanse na necesidade de adaptar o texto normativo ao marco legal vixente.

III.2. Deuse cumprimento ás cuestións indicadas no informe da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do día 21.4.2017.

III.3. Nos informes sectoriais obtidos non se manifestaron obxeccións ao documento da modificación puntual e naqueles condicionados deuse cumprimento ao indicado, pero cómpre sinalar que:

* O informe emitido pola Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información o día 9.1.2019 é favorable á vista dunha serie de modificacións propostas polo Concello para emendar as observacións realizadas desde esta dirección xeral no informe desfavorable do día 28.11.2018. Estas modificacións non foron introducidas no documento que se somete a aprobación definitiva.

* A táboa incluída no punto 3.3.2 Sistema viario debe harmonizarse coa que recibiu o informe favorable no Acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra do día 26.4.2019 no ámbito da súa competencia.

IV. Resolución.

En consecuencia e visto o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual número 25 das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Nigrán (Pontevedra), condicionada ao cumprimento do sinalado no punto III.3 anterior.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a modificación puntual do PXOM no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a normativa e as ordenanzas da modificación aprobada definitivamente, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíquese esta orde ao Concello.

5. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En todo caso, de conformidade co previsto na disposición adicional segunda do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o prazo para a presentación do recurso contencioso-administrativo atópase suspendido e reiniciarase unha vez finalizada a vixencia do citado real decreto ou, de ser o caso, das súas prórrogas.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2020

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda