Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21868

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (163/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se ditou a seguinte resolución:

Auto

En Santiago de Compostela o 7 de maio de 2020

Parte dispositiva

Acórdase aclarar o contido do Auto do 8 de abril de 2020, que pola súa vez aclara a Sentenza do 28 de febreiro de 2019, nos termos indicados, de tal xeito que o seu contido se substitúe polo seguinte:

Na resolución da sentenza debe dicir:

«Admítese a demanda presentada por instancia de Ramón Agrelo Giadans contra Campiñas de Laíño, S.A.; Refojo y González S.L.; Fidel Derivados Cárnicos, S.L.; Hipescar, S.L.; o administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., José Manuel Capella Pérez, a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez, e o Fogasa, e declaro extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno solidariamente as empresas demandadas a que lle aboen ao demandante a cantidade de 53.124,73 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 54,28 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 31 de xaneiro de 2018, ata a data desta sentenza, por importe de 21.386,32 euros, todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Condénase a José Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A.; a María José Lorenzo Gómez, como administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., na súa soa condición de administradores concursais, a estar e pasar polas anteriores declaración e condena».

Mantense o resto da resolución nos termos que nela se recollen.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza